Pablo García advirte que os orzamentos de Medio Rural e do Mar son “un simple axuste de contas”

Pablo García advirte que os orzamentos de Medio Rural e do Mar son “un simple axuste de contas”

Pablo García advirte que os orzamentos de Medio Rural e do Mar son “un simple axuste de contas”

Pablo García cualifica Alimentos Lácteos de “cacicada do PP, Juárez, Beccaría e Feijóo que que dous tenentes de alcalde do PP deran un pelotazo económico”

pabloO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu hoxe que os orzamentos da Consellería de Medio Rural e do Mar para 2014 constitúen “un simple axuste de contas” sen ningún novo investimento para o sector primario. Así o dixo na comparecencia da conselleira deste departamento na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

O parlamentario socialista sinalou que o excesivo peso da débeda pública, que aumentou un 427 por cento dende que Feijóo é presidente, renunciando a buscar novos ingresos con impostos ás grandes fortunas, impide novos proxectos e liquida a iniciativa tamén da Consellería do Medio Rural e do Mar. Dixo que os “presupostos da amortización” deixan orfos de propostas aos sectores primarios de Galicia.

Pablo García lembrou que dende que a actual conselleira asumiu o cargo, en 2010, o departamento suma 300 millóns de euros menos, dos que 31 foron detraídos de gasto corrente e todo o demais en partidas inversoras. Esta situación ten paralizado ao sector gandeiro cando “debera ser dos mais dinámicos”.

O responsable socialista censurou o continuismo destes orzamentos, que renuncian a aproveitar o bo momento do sector do leite, impulsado pola suba de prezos, para poñer en marcha o paquete lácteo e tomar medidas que consoliden a situación. Advertiu que “vostede está encantada de que suban os prezos, pero si non fai nada para consolidar contratos a longo prazo o sufriremos cando volvan baixar os prezos”.

O deputado socialista gabou a xestión do sector, que “demostrou que é capaz de xerar produtos de alto valor engadido” co que hoxe “un gandeiro galego compite en prezo, calidade e xenética cun francés”. Advertiu que “o gandeiro é capaz de competir, pero lamentablemente os gobernos do PP demostraron que non foron capaces de competir”.

Alimentos Lácteos
Neste sentido, criticou a xestión de Alimentos Lácteos, que cualificou de “cacicada do PP, -o ex conselleiro- Samuel Juárez, Romay Beccaría e Feijóo” logo de anunciar a súa subasta por un valor de 1,2 millóns de euros logo de absorber 18 millóns en tres anos. Denunciou que o obxectivo foi que “dos tenentes de alcalde do PP pegaran un pelotazo económico a costa de millóns de euros dos galegos e das galegas”, en alusión aos políticos de A Pastoriza e Touro.

Criticou tamén a xestión do sector vitícola, xa que a Xunta, dixo, renuncia a acadar os contratos homologados para manter o prezo da uva e persiste en conceder axudas ás adegas “para que sigan facendo plantacións e que desaparezan os viticultores”. Criticou tamén o “balance e previsións relativamente pobres” da Lei de Cadea Alimentaria do goberno galego.

Ademais, criticou a escasa ambición da conselleira con relación á reforma da PAC, xa que “confórmase a manter o mesmo volume de axudas malia ao déficit histórico entre a produción de Galicia e as achegas percibidas”. Tamén reclamou o cambio no modelo de prevención de incendios para comezar a traballar “dende xa”, xa que malia que medra o seu orzamento en 10 millóns de euros 4 xa están comprometidos cos concellos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar