Pablo García advirte dun posible pacto PP-CIU para paralizar o AVE a Galicia

Pablo García advirte dun posible pacto PP-CIU para paralizar o AVE a Galicia

Pablo García advirte dun posible pacto PP-CIU para paralizar o AVE a Galicia

O secretario de Organización do PSdeG, García, advertiu hoxe dun posible pacto PP-CIU para paralizar o AVE galego, algo que cualificou de “desfachatez” despois de dous anos en que ás ordes de Rajoy a Xunta serviu de acicate ao Goberno central esixindo día tras día o cumprimento dos prazos do AVE a Galicia

Nunha rolda de prensa que tivo lugar en Ourense, García explicou que despois de dous anos nos que día tras día o conselleiro de Infraestruturas esixiu o seu compromiso a José Blanco, algo que está fóra de toda dúbida xa que “aí están as cifras e as publicacións no BOE”, agora “o PP fala abertamente de que o AVE galego deixaría de ser un compromiso con este país, e Feijóo e Hernández non din nada, e Rajoy en todo caso que habería que miralo”.

Pola contra, apuntou que os socialistas “non podemos esixir nada” ao goberno de Feijóo porque “non fixo nada nin dixo que iba facer nada”.

Con respecto as expectativas do PSdeG nas vindeiras eleccións, dixo que a campaña será “tremendamente interesante”, e que estas eleccións serán “máis eleccións que nunca” porque os galegos xa coñecen as solucións do Partido Popular á crise, recortes de dereitos sociais.

Neste sentido afirmou que o goberno de Feijóo “foi o timo da estampita para os galegos”, porque non só non acabou co problema do paro senón que cando Galicia era unha das comunidades onde menos crecía o paro agora encabeza o crecemento do paro, ao que engadiu que nin sequera en tres anos foi quen de dar solución en case tres anos a 45 prazas dun proceso de oposicións á Xunta.

O secretario de Organización do PSdeG salientou así mesmo que Feijóo desiste tamén da promesa de reforma do Estatuto.

Trala reunión mantida con membros da dirección provincial socialista, o secretario Xeral da CEP, Raúl Fernández, recordou a desaparición do goberno galego durante este verán e só apareceu nos medios de comunicación en festas e romerías, como xa se denunciou no seu día co acontecido durante os incendios.

Tamén denunciou a publicación no DOG os últimos venres deste mes de diferentes decretos que significan máis recortes para os cidadáns na educación, sanidade e nos servizos sociais.

Fernández puxo en valor que o Partido Socialista iniciará esta campaña electoral “con todas as ganas e con todas as ilusións”, co obxectivo claro de “manter o seu senador e os dous deputados”, polo que a de hoxe foi o primeiro contacto do Comité Electoral provincial, que a partir do vindeiro mes de setembro deseñará toda unha estratexia de comunicación para facer unha campaña próxima aos cidadáns.

Así, o Comité será amplo, representativo, abarcando todos os concellos e comarcas da provincia, funcional e operativo, que  tenderá todas as necesidades de todos os veciños da provincia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar