Pablo García acusa a Feijóo de antepoñer á duquesa de Alba e a Cañete aos intereses dos gandeiros galegos no reparto da PAC

Pablo García acusa a Feijóo de antepoñer á duquesa de Alba e a Cañete aos intereses dos gandeiros galegos no reparto da PAC

Pablo García acusa a Feijóo de antepoñer á duquesa de Alba e a Cañete aos intereses dos gandeiros galegos no reparto da PAC

Pablo García defendeu unha moción en Pleno para alcanzar un acordo para cambiar os criterios de reparto das axudas da PAC para o período 2014-2020

Acusa á conselleira de conformarse cos 175 millóns de euros que percibe Galicia na actualidade, cando se podería chegar a un incremento de 600 millóns aplicando teitos de percepción por explotación

Os socialistas non acaban de entender as razóns polas que os populares vetan un acordo parlamentario “de mínimos” que dera respaldo a Galicia respecto da oportunidade que existe de cambiar os criterios de reparto das axudas da Política Agraria Común PAC No marco de negociación a nivel estatal do modelo de aplicación da PAC para o período 2014-2020.

A través dunha moción de defendida no Pleno do Parlamento de Galicia polo portavoz de Medio Rural, Pablo García, os socialistas pretendían que, “como sucedeu noutros parlamentos autonómicos”, o Goberno contara co apoio de todos os grupos, a través deste acordo parlamentario á hora de negociar os criterios de reparto do 5.100 millóns de euros anuais que corresponden a España.

Recordou García que foi o presidente Aznar o que “considerando que o que é bo para Alemaña e Francia ten que selo para España”, aceptara o cambio de criterios para o período que agora remata e que prexudicou notablemente aos produtores, nomeadamente aos pequenos, respecto das grandes propiedades, e fixo á duquesa de Alba a principal perceptora de axudas da PAC.

Explicou o parlamentario socialista que estas axudas foron creadas para compensar aos agricultores e gandeiros europeos e o resto dos cidadáns para acceder a uns produtos de calidade a prezos competitivos. Os cidadáns europeos que aportan estes cartos para as axudas “non van entender que a Igrexa, concellos e deputacións, que non producen sexan os perceptores destas axudas”, criticou García.

Os socialistas propoñían na súa moción a defensa dunha normativa que teña en conta as especiais características das producións galegas, cun déficit histórico de percepción de axudas e moi pouca base territorial e poucas hectáreas declaradas.

Esixían tamén a definición de agricultor activo para que tiveran acceso ás axudas os ocupados realmente na actividade agraria. Cando menos que a percepción de ingresos de agricultura ou gandería represente o 25% dos ingresos totais. Requirían un tope máximo de percepción de axudas da PAC por explotación de 150.000 euros e un pago por hectárea “proporcionalmente regresivo”, de tal xeito que perciban mais axuda polas primeiras 24 hectáreas declaradas

Entende o portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista que Arias Cañete defenda o actual modelo de reparto, beneficioso para comunidades onde ten intereses, ou a postura dos conselleiros de Andalucía ou Estremadura, ou que non haxa transferencias entre comunidades. Pero non entende Pablo García que Feijóo ou a conselleira de Medio Rural “fagan o mesmo”.

Defende que se poñen un teito as axudas, sigue defendendo se reparta na propia comunidade. Non o entende ninguén que o defenda a conselleira e Feijóo. “A coalición de Feijóo cos galegos falla como unha escopeta de feira” afirmou.

As propostas da moción socialista poderían permitir a recuperación de 600 millóns de euros. Agora os recursos das axudas da PAC para Galicia supoñen uns 175 millóns de euros. García acusou de conformismo á conselleira de Medio Rural que dou por boa esta cantidade para negociar coas outras comunidades.

Tamén recriminou ao Goberno galego que apoie propostas mandadas do ministro Cañete “porque son de interese para comunidades como Andalucía e Estremadura” nas que o titular de Agricultura ten intereses, como é o caso de que ningunha das comunidades pode perder axudas respecto ao anterior período ou que non poida haber transferencias entre comunidades ou perceptores.

Reprocha á portavoz popular, García Pacín, “que é de Friol” e a Núñez Feijóo “que presume de ser dos Peares, defendan e protexan á duquesa de Alba”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar