Pablo García acusa ao PP de abandoar as Fragas do Eume e aos seus veciños un ano despois do incendio e esixe un plan de recuperación

Pablo García acusa ao PP de abandoar as Fragas do Eume e aos seus veciños un ano despois do incendio e esixe un plan de recuperación

Pablo García acusa ao PP de abandoar as Fragas do Eume e aos seus veciños un ano despois do incendio e esixe un plan de recuperación

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, recriminou ao Goberno que, a un ano do incendio que arrasou máis de 500 hectáreas de fraga e case outras tantas de plantacións de eucalipto e monte baixo no Parque Natural das Fragas do Eume, non se tiveran impulsado ningún tipo de medidas ou axudas aos veciños para a recuperación das fincas afectadas.

García reprochou ao Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, que aínda non haxa resposta ás demandas dos veciños, logo das visitas “coas Fragas aínda fumeando” do ministro de Agricultura, Arias Cañete, para anunciar o compromiso do Goberno central coa recuperación deste patrimonio natural, ou o anuncio dun Plan de Recuperación da zona afectada por parte da conselleira, Rosa Quintana en sede parlamentaria.

Ao longo da pregunta en comisión, o deputado socialista condenou que non haxe unha política axeitada de prevención, xa que alí onde o territorio está ben xestionado, loxicamente, se reducen as posibilidades de incendio. Botou en cara ao responsable de Montes que, logo de 20 anos ocupándose deste asunto na administración non poidera ofrecer un diagnóstico claro da situación e do operativo do que se dispón para paliar unha vaga de lumes forestais.

Pero máis alá da catástrofe da que se vai cumprir o ano, Pablo García, insistiu nos incumprimentos de Feijóo e o seu executivo a respecto dos concellos e dos veciños das Fragas do Eume. “Os veciños séntense enganados e abandonados”, afirmou.

As vagas referencias ás axudas ordinarias da consellería por parte do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes provocaron que o portavoz de Agricultura do Grupo Socialista recrimináselle que, “logo de todos eses anuncios de concienciación do país para salvar as Fragas do Eume, os veciños e os concellos afectados vanse ter que limitar a mirar o DOG a ver se encaixan nalgunha das axudas existentes”.

Pero, como denuncia García, iso non é tan doado, dada as condicións e normativas específicas ás que se teñen que someter os propietarios porque as súas fincas están incluídas nunha reserva natural.

“Cal é o plan da zona para recuperar a zona?”, insistiu García, que advertiu que “hai zonas onde a madeira segue no monte, e coa chegada do calor vaise converter nun polvorín”

Ademais de estar afectados pola normativa propia dos parques forestais, Pablo García salienta o escasísimo valor da madeira queimada e das dificultades de acceso e de transporte pola orografía do terreo.

“Hoxe por hoxe non hai un plan da Xunta sobre cómo retirar esta madeira e cómo intervir na zona afectada” denuncia García. Sen embargo, os propietarios que intentaron sacala pola súa conta non atoparon máis que trabas administrativas, polo que se preguntan polo tipo de compensación que lles aporta vivir nun Parque Natural.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar