Pablo García acusa a Rajoy de avalar co seu silencio o transfuguismo de Louzán e o enchufismo de Baltar

Pablo García acusa a Rajoy de avalar co seu silencio o transfuguismo de Louzán e o enchufismo de Baltar

Pablo García acusa a Rajoy de avalar co seu silencio o transfuguismo de Louzán e o enchufismo de Baltar

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, lamentou que “Rajoy so viñese a Galicia para avalar co seu silencio aos tránsfugas e aos enchufados de Louzán e Baltar, presidentes das Deputacións de Pontevedra e Ourense respectivamente”.

García chamou a atención sobre o feito de que “Rajoy non fixese nin o máis mínimo esforzo, nin o máis pequeno xesto, para distanciarse das prácticas de goberno dos seus homes fortes en Pontevedra, que ademais é a súa provincia de orixen, e Ourense”. “Este silencio -engadiu- so pode entenderse como una aprobación da forma de facer política de Louzán e Baltar e do uso que ambos fan dos fondos públicos, ademais da proba definitiva de que no único no que o PP é austero é na ética”

O secretario de Organización apuntou que “este silencio convirte a Rajoy e a Feijoo en cómplices das operacións de transfuguismo e dos despilfarro do diñeiro público para prácticas caciquís e clientelares en ambas deputacións”.

Xa por último, García cualificou como un “exercicio de civismo que Feijoo lle pídalle aos candidatos do PP que recorten nun 30% os gastos, ao mesmo tempo que respalda que Baltar gaste 12 millóns de euros ao ano en pagar nóminas aos seus enchufados, ou que Louzán utilice o diñeiro público para comparar vontades e perpetrar mocións de censura con tránsfugas”. ”Está claro -concluíu- que non son condutas illadas, senón que forman parte do día a día do PP alí onde goberna, tal e como se está a comprobar na propia Xunta de Galicia coas últimas oposicións, nas que aproban con inusual frecuencia persoas vinculadas familiar ou politicamente a cargos do PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar