Pablo García acusa a Feijóo de “enganar aos cidadáns” ao ocultar o déficit de 2010 e o informe do Consello de Contas que demostra esta mentira

Pablo García acusa a Feijóo de “enganar aos cidadáns” ao ocultar o déficit de 2010 e o informe do Consello de Contas que demostra esta mentira

Pablo García acusa a Feijóo de “enganar aos cidadáns” ao ocultar o déficit de 2010 e o informe do Consello de Contas que demostra esta mentira

O secretario de Organización do PSdeG e coordinador da campaña, Pablo García, resumiu os tres anos e medio de goberno de Feijóo como un “bluff” cheo de “mentiras e enganos”. Apuntou que Feijóo deu un paso máis nas súas mentiras ao trasladar 400 millóns de euros en facturas de 2010 a 2011 para cadrar as contas, e de ocultar o informe de Tribunal de Contas que así o constata.

García criticou que “onte no debate electoral Feijóo pasou a metade do tempo falando de déficit, e mentres falaba en directo ante milleiros de cidadáns, xa coñecía este informe do Tribunal de Contas e a maquillaxe das contas”.

“O debate foi unha clara mostra das mentiras e enganos de Feijóo. Ao igual que ocultou a auditoría das caixas e o suposto contrato de Pemex, tamén ocultou o informe do Tribunal de Contas”, afirmou García. “O que non conseguiu ocultar foron os contratos da Xunta coa empresa Eulen, que xestiona a súa irmá”, engadiu.

Lembrou que este informe do Tribunal de Contas, realizado polo ex conselleiro de Economía no Goberno de Fraga, José Antonio Orza, demostra que a Xunta desprazou de xeito irregular 411 millóns de euros en facturas do exercicio de 2010 ao 2011, permitíndolle así cumprir co teito de gasto, segundo informa hoxe un xornal galego.

“Si Feijóo ocultou máis de 400 millóns en 2010, e para tapalo pechou tres meses antes o exercicio de 2011, as contas reais, que coñeceremos a partir do 21 de outubro, poden ser unha auténtica bomba de reloxería para este país”, dixo García.

Subliñou que este informe demostra que “iso de que o déficit está niquelado é unha mentira máis de Feijóo” e venlle de dar a razón “ao que os socialistas levamos varios meses denunciando”.

García apuntou que este engano sería un motivo máis que suficiente para que Feijóo tivera que dimitir, pero “como temos eleccións o vindeiro día 21, serán os galegos e galegas os que o dimitan”.

García fixo estas declaracións na rolda de prensa de presentación dun vídeo de campaña do PSdeG. Este vídeo amosa declaracións de Feijóo en medios de comunicación con compromisos e afirmacións que logo incumpriu. Entre elas inclúense as  declaracións sobre a fusión das caixas, creación de emprego e políticas sociais que logo derivaron en copago sanitario, incremento do paro, destrucción do sistema financeiro galego, ou empresas que non se construíron, como a fábrica de Xerox en Ourense.

Valoración debate

 

Preguntado sobre a influencia do debate no resultado electoral, García expresou a satisfacción dos socialistas galegos “porque Pachi Vázquez tivo oportunidade de explicar aos cidadáns as propostas do PSdeG, e falar dos problemas que lle preocupan á xente”.

Considerou a Vázquez “o gañador deste debate” aínda que recalcou que “sobre todo gañaron os galegos e galegas”.

Contrapuxo a un Pachi Vázquez que falou dos problemas deste país, cun Feijóo “nervioso e á defensiva”. “Parecía un ser extraterrestre, un marciano, que falaba dun país que non existe. Falou da conferencia de presidentes, de Andalucía, do Reino Unido, pero non foi capaz de falar das propostas para este país”.

“Creo que é un síndrome de desayuno madrileño ao que Feijoo foi moi proclive nestes tres anos e medio”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar