Pablo Garcia: “ a inoperancia e a incompetencia de Rajoy e de Feijoo levan ao sector lácteo galego á ruina”

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE e candidato pola provincia de Pontevedra Pablo Garcia amosou o apoio do Partido Socialista a manifestación convocada polos sindicatos agrarios galegos, en defensa do sector lácteo. Dixo que o PSdeG “apoia plenamente as reivindicacións dos gandeiros galegos”. Denuncia que a “inoperancia e a incompetencia de Rajoy e de Feijoo abocan ao sector á ruina”.

García que participou hoxe na manifestación celebrada en Santiago estivo acompañado de diversos cargos socialistas como os candidatos Francisco Caamaño, Abel Losada, Marisol Soneira e Xose A. Sánchez Bugallo e os alcaldes de Silleda, Paula Fernández, Caldas de Reis, Jose Manuel Rey e o de Muxia, Felix Porto, entre outros.

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE lembrou que Feijoo comprometeuse a “resolver o problema lácteo”, por iso asevera que agora “terá que explicar aos galegos e as galegas como tres anos despois da súa chegada ao Goberno da Xunta os gandeiros galegos teñen o precios mais baixo de todo Estado”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar