Pablo García: “A conselleira de Medio Rural por fin recoñece que o sector lácteo ten un problema, o que pasa é que o problema é gravísimo e a Xunta chega moi tarde”

Pablo García: “A conselleira de Medio Rural por fin recoñece que o sector lácteo ten un problema, o que pasa é que o problema é gravísimo e a Xunta chega moi tarde”

Pablo García: “A conselleira de Medio Rural por fin recoñece que o sector lácteo ten un problema, o que pasa é que o problema é gravísimo e a Xunta chega moi tarde”

Pablo GarcíaO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, asegurou hoxe no pleno do Parlamento que “a conselleira de Medio Rural da Xunta por fin recoñece que o sector lácteo galego ten un problema, levoulle tempo recoñecelo, pero o que pasa é que o problema é gravísimo e a Xunta chega moi tarde”.

Despois da comparecencia da conselleira Rosa Quintana na Cámara para avaliar a situación do sector lácteo, García dixo que “algo móvese, é a única persoa do Goberno que falou no pleno, semella que por fin recoñece que hai un problema, hoxe escribiulle outra persoa o discurso”.

“O que non concreta é o plan industrial urxente que necesita o sector ou o prezo por cada litro de leite que teñen que cobrar os gandeiros, non sabemos se teñen que cobrar 25 ou 33 céntimos para non protestar”, manifestou o deputado socialista.

“Vostede presume das axudas da PAC, pero os gandeiros galegos compiten cos franceses, canto cobra un francés por cada litro de leite?”, preguntoulle García á conselleira de Medio Rural. O deputado socialista explicou que o cambio de modelo, xunto cos prezos por debaixo do custe de produción e a falla de apoio do goberno, provocan que cada mes se estean desafiuzando explotacións.

García lamenta que mentres o goberno francés ten anunciado un paquete de medidas de 600 millóns de euros inmediatos co leite dez céntimos máis cara que en Galicia, a Xunta se negue a sentarse cos gandeiros e o goberno central faga o “ridículo” de anunciar un plan dotado con 1,5 millóns de euros.

Advertiu que a situación do sector responde a un “problema político” provocado polo “claro desleixo” do Ministerio e a “total ausencia e falla de liderado da Xunta de Galicia”. “Os gandeiros observan atónitos o abandono dos gobernos mentres o principal produtor de leite, como é Galicia, co produto mais barato de Europa e nun mercado deficitario afronta a peor crise dos últimos 30 anos coa ameaza diaria de deixar leite sen recoller”, engadiu.

García criticou a pasividade da Xunta fronte á situación cando mesmo a UE ten devolto o Plan de Desenvolvemento Rexional por, entre outras moitas razóns, non incluír medidas para adaptar a produción a un sistema sen cotas lácteas.

O portavoz socialista lamentou que a resposta do goberno galego non sexa “para nada acertada” e rematou lembrando que en setembro hai unha reunión dos ministros europeos do sector, ante a que “Galicia debería ter unha postura e un plantexamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar