P. Herraiz destaca que casi 316 mil fogares galegos beneficiaranse do bono social da luz

P. Herraiz destaca que casi 316 mil fogares galegos beneficiaranse do bono social da luz

P. Herraiz destaca que casi 316 mil fogares galegos beneficiaranse do bono social da luz

A coordinadora dos socialistas galegos nas Cortes, Margarita Pérez Herraiz, destaca que 315.607 fogares galegos atópanse acollidos ao bono social eléctrico establecido polo Goberno, polo que os consumidores máis vulnerables (aqueles con potencia contratada inferior aos 3KW, parados, pensionistas con pensión mínima e familias numerosas) quedan protexidos ante calquera subida da luz.

O Congreso dos Deputados ha convalidado recentemente o Real Decreto Lei sobre déficit tarifario, que contempla medidas para continuar reducindo os custos regulados do sistema eléctrico, evita a subida da peaxe da luz en 2011 (esta é a parte do prezo da luz que establece o Goberno e que conxelou en xaneiro de 2011), reparte os custos de axuste entre os consumidores e o sector, contribúe a eliminar o déficit de tarifa e amplía o bono social até o ano 2014.

Desta maneira, os case 316.000 fogares galegos acollidos ao bono social non sufrirán subidas de luz como mínimo até o 1 de xaneiro de 2014.

Por provincias, Herraiz sinala que:

- Na Coruña existen 122.841 fogares que gozan do bono social, dos que 109.959 corresponden a persoas cunha potencia contratada inferior a 3 KW, 560 a desempregados, 1.744 a familias numerosas e 10.578 a pensionistas.

- En Lugo hai 46.289 fogares acollidos, dos que 43.645 son de persoas con potencia contratada inferior a 3 KW, 162 de desempregados, 148 de familias numerosas e 2.334 de pensionistas.

- En Ourense son 58.011 os fogares acollidos, 52.859 con potencia contratada inferior a 3 KW, 101 de desempregados, 342 de familias numerosas e 4.709 de pensionistas.

- En Pontevendra, un total de 88.466 fogares acollidos, 79.024 deles son de fogares con potencia contratada inferior a 3 KW, 511 corresponden a desempregados, 1.377 de familias numerosas e 7.554 de pensionistas.

Herraiz lembra que "en España levamos anos pagando menos pola electricidade que consumimos do que custa producila". "Isto -explica- é consecuencia de que no ano 2000 o Goberno (PP) acordou coas eléctricas que, en lugar de repercutir a subida do prezo da luz aos consumidores naquel momento acumulasen dita subida como débeda a cobrarlles con intereses posteriormente".

"Esa débeda ha ir crecendo desde o ano 2000 -engade- e actualmente existe un buraco de case 20.000 millóns de euros que ameaza a viabilidade do conxunto do sistema eléctrico".

Por iso, incide "na inevitable necesidade de que o Goberno, de maneira responsable, adoptase as medidas pertinentes para garantir a viabilidade do sistema" e destaca que "o Goberno adoptou todas as medidas posibles para que a subida da luz en xaneiro fose a menor posible e para que as futuras subidas sexan tamén as mínimas posibles, asegurando así mesmo mediante o bono social que os fogares con menos recursos queden protexidos até 2014 de calquera subida"

32641281A

Deixar a resposta

Pechar