Ourense é mais pobre e ten mais paro e maior desigualdade que hai un ano

Ourense é mais pobre e ten mais paro e maior desigualdade que hai un ano

Ourense é mais pobre e ten mais paro e maior desigualdade que hai un ano

O parlamentario autonómico e secretario provincial, Raúl Fernández, e a deputada e Secretaria de Coordinación Institucional e Participación da Executiva Nacional do PSdeG, Laura Seara, fixeron balance do primeiro ano de Rajoy para a provincia de Ourense.

Seara e Fernández concluíron que Ourense, como sucede con Galicia e España, “está peor, é máis pobre que hai un ano”. A deputada ourensá recoñeceu que os populares herdaran “un país en crise, sen dúbida, pero tamén recibiu un país co maior estado de benestar, un dos máis altos de Europa, a mellor rede de infraestruturas e co maior desenvolvemento tecnolóxico e científico da súa historia, todo isto agora é distinto”.

Todo o que dixeron so populares “resultou ser falso”, afirma Laura Seara. Hoxe Ourense é máis pobre, os seus cidadáns viven peor que hai un ano. Nunca houbo tantas persoas en paro, nunca houbo desde os anos 50 unha emigración como a que se produce nestes momentos.

En relación ao desemprego, Seara cifrou en 5.000 persoas o incremento do paro no último ano, elevándose a cifra total ata os 29.100 desempregados. Hai 6.800 persoas ocupadas menos, insiste a deputada socialista, e 2.200 familias máis con todos os seus membros en idade de traballar en paro. “Desde que Rajoy é presidente 14 ourensáns e ourensás ao día se foron ao paro, e se destruíron 19 empregos ao día”, denunciou Seara.

A Secretaria de Coordinación Institucional do PSdeG salientou que a taxa de paro é a máis alta desde que se procede a un rexistro e publicación da EPA. A poboación ocupada é de case 107.000 persoas, unha cifra que retrotrae á provincia de Ourense aos comezos do rexistro público destes datos en 1996. “Nunca antes traballou menos xente nesta provincia”, denuncia Seara, dato que sumado aos anteriores lévalle a concluír que “esta provincia camiña cara o abismo, foi un ano de durísimos recortes de Rajoy logo dos que xa aplicaba Feijóo”, polo que “en Ourense e en Galicia chove sobre mollado”.

“En termos estatísticos un ano despois de que Rajoy ganara as eleccións, Ourense ten máis paro, maior pobreza e máis desigualdade”, resumiu Raúl Fernández. O parlamentario socialista. Fixo referencia ás particularidades da provincia, “onde os salarios son os máis baixos, as pensións son as máis baixas e a dispersión territorial fai que os servizos teñan un custe máis alto”, dixo.

Fernández fixo referencia a cambios nos últimos doce meses que “afectan a todos e a todas”, que afectan á Sanidade, “que xa non é pública nin gratuíta e que pasou de ser un dereito a ser un sistema de aseguramento ao que se accede tras superar diversos trámites”. Xa non son gratuítos os servizos e prestacións sanitarios, como eran antes, hai que pagar polo transporte non urxentes, as próteses, as cadeiras de rodas, hai que pagar 400 medicamentos de uso habitual que quedaron fora do sistema e desaparece a teleasistencia dos Orzamentos do Estado.

En Ourense, provincia afectada polo envellecemento da poboación, os pensionistas teñen que pagar polos medicamentos. En Educación, subíronse as taxas a case .5000 universitarios ourensáns. En Dependencia, Fernández acusa a “este goberno traballou para despoxar ás persoas maiores dos seus dereitos”. O tesoirazo foi case de 600M€ en 2012, e, en 2013 Rajoy quita outros 200M€. Os empregados públicos perderon a súa seguridade laboral e poden ser despedidos, quitoulles a paga extra e non se cobren as prazas dos xubilados.

Raúl Fernández recriminou a Rajoy que “virara as costas” ás emendas socialistas relativas a investimentos en Ourense. Lembrou algunhas delas, como a clarificación da entrada do AVE e a construción da estación intermodal, a autovía A-76 Ponferrada Ourense, a variante de Ourense, a mellora da N120 en Ribadavia, a ordenación urbana da Avda. Compostela do Carballiño ou o cuartel da Garda Civil ou vivenda social en Ourense.

En agricultura citou Fernández as emendas relativas ao Plan de Regadío da Limia, a mellora dos ríos Miño e Barbaña, actuacións no embalse das Conchas, o centro de interpretación dos Parques Naturais de Galicia, en Ourense, ou a recuperación do parque do Xurés.

No eido patrimonial, os populares desatenderon as demandas dos deputados socialistas para incluír nos Orzamentos do Estado a rehabilitación do Claustro de San Francisco, o Plan de Manzaneda, o Castelo de Monterrei e a vía romana de Astorga.

O Secretario Xeral Provincial do PSdeG-PSOE, salientou a influencia da falte de investimentos dos Gobernos coa provincia coa proxección demográfica de Ourense. “Un problema que ven de vello e que toma agora actualidade e que as administracións deberan ter en conta”. Os gobernos do PP “están afondando no empobrecemento da provincia e están levándonos por un camiño moi difícil para o futuro”, concluíu Fernández.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar