Óscar López denuncia o intento de “fraude electoral” de Feijóo nas próximas eleccións galegas

Óscar López denuncia o intento de “fraude electoral” de Feijóo nas próximas eleccións galegas

Óscar López denuncia o intento de “fraude electoral” de Feijóo nas próximas eleccións galegas

O Secretario de Organización do PSOE, Óscar López, denunciou o “fraude electoral en toda regra” que está a tentar levar a cabo o Presidente Feijóo de cara ás próximas eleccións galegas coa súa proposta de reforma do sistema electoral na devandita Comunidade.

“O señor Feijóo e o Partido Popular de Galicia pretenden cambiar as regras do xogo en portas dunhas eleccións autonómicas” e proceder, “incluso abrindo en agosto o Parlamento”, a unha “reforma de sistema electoral que non é senón unha fraude electoral para gañar as eleccións” e que “reflicte ben claro a preocupación que ten Feijóo ante un posible cambio en Galicia”, dixo.

Durante unha rolda de prensa en Ferraz, posterior á reunión da Comisión Permanente, o Secretario de Organización advertiu de que unha acción así “non é tolerable” e non teñen precedentes e, moito menos, en vésperas dunha campaña electoral e “sen falar con ninguén”, pois “as regras do xogo sempre se acordaron entre todos”.

Ademais criticou que o Presidente galego queira “enmascarar” a reforma “nunha suposta política de austeridade”. “Se o que quere é austeridade no Parlamento de Galicia, pode recortar gastos” desta institución e “na mesma proporción” que recortando o número de deputados, “pero nunca rebaixar a representatividade dos cidadáns no Parlamento, que é o que está a buscar, para dar unha fraude electoral en toda regra” nas eleccións galegas “reiterou-.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar