Oscar López acusa ao PP de ocultarse tras Bruxelas no problema das preferentes

Oscar López acusa ao PP de ocultarse tras Bruxelas no problema das preferentes

Oscar López acusa ao PP de ocultarse tras Bruxelas no problema das preferentes

O secretario de Organización do PSOE, Óscar López, participou nunha reunión con afectados polas preferentes en Meira (Lugo) xunto coa cabeza de lista pola provincia, Concepción Burgo, o número dous, Carlos González Santín, o secretario xeral José Ramón Gómez Besteiro, o senador Ricardo Varela e outros candidatos e membros do partido na comarca.

“Desde o PSOE asixímoslle ao goberno de Rajoy que dea unha solución aos afectados polas preferentes”, afirmou tras coñecer as preocupacións dos afectados. “En Galicia hai miles de persoas afectadas no seu día por estes produtos, e mentres o PP ocúltase tras Bruxelas para dicir que Bruxelas é a que impide a solución, pero non é verdade, porque o memorándum que trae Bruxelas negociouno co Goberno de España, que negociou moi mal”, asegurou.

O socialista cre que “se pode buscar unha solución” que “ten que pasar por diferenciar os aforradores dos inversores”, ao contrario do que queren facer, para que “quen puxese os seus aforros e os da súa familia depositando a súa confianza nese produto poida recuperalo”. López insistiu en que “o Goberno de España e a CNMV teñen a obriga de dar unha solución”.

Pola súa banda, a cabeza de lista pola provincia, Concepción Burgo, mostrou a súa preocupación por un problema que “afectou a moita xente en toda Galicia e que tivo unha incidencia moi grave no rural”. A socialista criticou tamén “a actitude do gobernó de Feijóo, que mira para outro lado en lugar de estar presionando da man dos afectados” e lembrou que “o valor dos cartos investidos polos afectados en Galicia estímase en algo máis dun millón de euros, que é o mesmo que o PP gastou cos cartos de todos os galegos nunha auditoría que non queren ensinar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar