Os socialistas votan contra a "Lei placebo" de I+D presentada pola Xunta

Os socialistas votan contra a "Lei placebo" de I+D presentada pola Xunta

Os socialistas votan contra a "Lei placebo" de I+D presentada pola Xunta

O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, rexeitou a Lei de I+D da Xunta, que chegou a cualificar de “Lei placebo” por canto resulta “inocua” e “totalmente superflua”. Así o dixo no debate final deste texto no Pleno do Parlamento, que foi aprobado malia o voto en contra dos socialistas galegos.

O responsable socialista sinalou que a norma”non terá efectos positivos nin tampouco negativos”, xa que, en contra do seu título, despreocúpase de mellorar a situación da investigación en Galicia. Apuntou que “nin sequera considera a problemática do sector” relativa á precariedade e falla de estabilidade laboral que veñen de denunciar os investigadores galegos.

Explicou que a Lei elude asumir compromisos financeiros ou liñas estratéxicas, esquece o tecido investigador ou a situación dos organismos públicos de investigación e das universidades, non aborda o “terrible marco laboral dos investigadores” e evita prever mecanismos de transferencia de coñecemento. Ademais, carece de medidas para evitar que se marchen os investigadores mais cualificados e renuncia a captar investigadores.

Méndez Romeu lamentou que a Xunta teña obviado nesta norma establecer o pulo da investigación básica e “non considera en absoluto a implicación da empresa privada”. Reclamou a modificación da Axencia da Innovación para establecer un organismo que traballe na captación de investigadores e financiamento e a consolidación de equipos, mentres o goberno crea “un organismo absolutamente burocrático”.

Explicou que “o único que fai a Lei é fixar cómo debe ser o Plan Galego de I+D” para o que “non é preciso en absoluto unha Lei específica” que se limita a regulamentar 6 entes ou organismos do goberno galego que xa existían previamente ou mesmo xa están en funcionamento.

Acusou ao PP de manterse “de costas ás necesidades da investigación” e afeoulles que “optaran por financiar aos bancos e maltratar á investigación”, cando, explicou, “con menos do 1 por cento do orzamento destinado ás extintas caixas, con menos de 100 millóns de euros, o sistema galego de investigación estaría salvado”.

Redución investimento

O parlamentario socialista criticou que o desleixo do goberno galego coa I+D chegou a que nos últimos catro anos deixaron sen executar un total de 148 millóns de euros dun total de 532 que foron orzamentados. Isto supón que “en catro anos eliminaron, deixaron sen executar, o correspondente a unha anualidade completa, o 28 por cento do orzamento de I+D”.

Méndez Romeu advertiu que esta situación coincide cunha rebaixa constante nos orzamentos dedicados á investigación polo goberno galego, minorando de maneira sistemática as partidas dirixidas ao sector. Sinalou que Feijóo ten provocado no orzamento de 2013 unha nova caída do 12 por cento no orzamento de I+D, mentres Rajoy recorta un 14 por cento no conxunto do Estado.

Instou ao conselleiro de Economía e Industria, responsable deste texto, a reiniciar o debate presentando unha nova norma “innovadora”. Puntualizou que “porfiar no erro que provoca o retroceso sistemático do I+D en Galicia se pagará no futuro, coa perda de xeracións enteiras de investigadores e da creación de valor no proceso produtivo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar