Os socialistas ven a Feijóo “instalado no fracaso da política económica dende hai 5 anos”

Os socialistas ven a Feijóo “instalado no fracaso da política económica dende hai 5 anos”

Os socialistas ven a Feijóo “instalado no fracaso da política económica dende hai 5 anos”

Méndez Romeu acúsao de resucitar “as pantasmas do pasado mais negro da historia: pobreza, fame, emigración e degradación das condicións de vida familiares”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de resucitar “as pantasmas do pasado mais negro da historia”. Na sesión de control ao presidente da Xunta, dixo que con Feijóo “retornan a pobreza, a fame, a emigración e a degradación das condicións de vida familiares”.

O responsable socialista advertiu que o presidente da Xunta leva “instalado no fracaso da política económica dende hai 5 anos”, que tenta de agochar cunhas alusións á herdanza do goberno socialista que son en realidade “escusas de mal pagador e fume dialéctico”. A realidade, dixo, é que a Feijóo “non lle interesan as persoas”, cunha xestión na que “agroma o rostro da pobreza e non o da modernidade nin da innovación”.

A realidade desta xestión, engadiu, son 180.000 empregos destruídos e 115.000 parados mais, co desemprego cebándose nomeadamente entre as mulleres e unha “xeración perdida” con mais da metade dos mozos e mozas no paro”. Esta é a consecuencia dun goberno galego que malia as promesas de eficiencia “deixou sen executar 727 millóns de euros” en 2013 e retirou 550 millóns de investimentos.

Méndez Romeu esixiulle ao presidente da Xunta centrarse “nas persoas” que co goberno do PP son “mais pobres e desiguais”, nomeadamente os 600.000 galegos e galegas con problemas de alimentación, calefacción, vivenda e as condicións elementais de supervivencia. Acusouno de despreocuparse da situación das familias obrigadas a recorrer aos bancos de alimentos, aos comedores sociais, ás ONG´s “que vostede prefire ignorar”.

“Ata o Valedor do Pobo recoñece que compre estudar este problema”, espetoulle o portavoz socialista ao presidente da Xunta, antes de acusalo de desmantelar os servizos sociais públicos que hai cinco anos se facían cargo dunhas persoas que hoxe son “abandonadas” polo goberno galego. Dixo que Feijóo “sube todo tipo de taxas e baixa tódolos servizos, e por riba conxelan as pensións”.

Reforma laboral

O responsable socialista fixo así un relatorio das consecuencias humanas dunha xestión da dereita liderada por Feijóo que apostou por unha reforma laboral “que non crea emprego, que precariza e devalúa os salarios”. Advertiu que apostando polos impostos indirectos “cada familia galega ten que pagar unha media de 436 euros mais só polo IVE, e 1.350 si pertence ao sector agrario”.

Lembrou que hai cinco anos, coa súa chegada ao goberno galego, “non había motivos reais, nin sequera financeiros, para destruír o sistema do Benestar nin para privatizar os servizos hospitalarios”. Acusou ao presidente da Xunta de “privilexiar deliberadamente os intereses dos grupos económicos en detrimento dos intereses das persoas” cun resultado “abraiante”.

O parlamentario socialista apuntou que Galicia está peor hoxe que hai cinco anos, a mocidade emigra, hai menos camas hospitalarias, menos médicos, menos asistencia sanitaria, mais pagos polos usuarios, mais listas de espera e mais privatizacións. Ao mesmo tempo, continuou, hai “menos profesores, o gasto por alumno baixou un 17 por cento, a gratuidade dos libros de texto retrocede e as bolsas de estudos se reducen”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar