Os socialistas urxen á Xunta que empregue o brexit para acadar melloras para o sector pesqueiro galego

Os socialistas urxen á Xunta que empregue o brexit para acadar melloras para o sector pesqueiro galego

Os socialistas urxen á Xunta que empregue o brexit para acadar melloras para o sector pesqueiro galego

A deputada socialista Loli Toja urxiu esta mañá ó goberno galego a levar a cabo as xestións necesarias, co Estado e ca Unión Europea, para acadar melloras para o sector pesqueiro galego.

“Non nos ten que convencer ós grupos da importancia que ten a pesca para Galicia, porque nos xa o sabemos, a quen ten que convencer é a España e a Europa, actuando en lexítima defensa do sector” destacou.

Trala intervención da Conselleira do Mar no Pleno, Toja afeoulle a “falta dun plan” ante un proceso no que “xogámonos o noso presente e o noso futuro”, e esixiu saber “cómo, con qué recursos, imos combater esa ameaza”.

A portavoz socialista de pesca insistiu en que Galicia debe formar parte activa das negociacións para conseguir, que un sector fundamental na nosa economía como é a pesca, “teña peso propio” e “converter esa ameaza nunha oportunidade”. “O que ocurra vai depender da vontade política, da importancia que teña a pesca das negociacións”, engadiu.

Nesta liña, apostou por “esixir que o Reino Unido deixe de disfrutar das ventaxas de formar parte da UE” e que esa decisión “repercuta en melloras para o noso sector pesqueiro”, aclarando o apoio do seu grupo ás negociacións “sempre e cando melloren a situación das persoas que viven do mar”.

“Galicia pode beneficiarse da saída dos barcos británicos dos acordos comunitarios, conseguindo parte dos seus caladoiros e a súa cota pesqueira nun novo reparto” explicou.

Toja pediu ó goberno galego que “neste proceso de incerteza e inseguridade deixe de dividir ó sector, e de empregar a pesca como moeda de cambio”.

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar