Os socialistas urxen un protocolo da Xunta para atender a alumnos con TDAH

Os socialistas urxen un protocolo da Xunta para atender a alumnos con TDAH

Os socialistas urxen un protocolo da Xunta para atender a alumnos con TDAH

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamou no Parlamento a elaboración dun protocolo conxunto entre as consellerías de Educación e Sanidade para combater o fracaso escolar que ameaza ao alumnado con Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade –TDAH-. Así o dixo no debate dunha pregunta oral, hoxe na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia.

Advertiu que “non é unha cuestión de cartos, é unicamente unha cuestión de vontade política e de sensibilidade” e instou ao goberno galego a “aproveitar os recursos humanos existentes e démoslle á comunidade educativa un protocolo para mellorar as posibilidades escolares dos nenos e das nenas con TDAH”. Chamou ao goberno galego a “demostrar con feitos concretos a súa suposta preocupación polo fracaso escolar”.

Sinalou que a creación deste protocolo “representaría un salto cualitativo importante e permitiría avanzar na formación do noso profesorado” con relación a este trastorno “tanto en aspectos académicos como na xestión do referente á intelixencia emocional”. O obxectivo, sinalou, sería “reducir o fracaso escolar e as dificultades de desenvolvemento de habilidades académicas, motivación e autoestima do alumnado afectado”.

Docasar advertiu da importancia de preparar ao profesorado, que “descoñece bastante esta problemática” para permitir unha detección deste trastorno “á idade mais temperá posible e darlle unha resposta adaptada ás necesidades deste alumnado” na rede de centros públicos de Galicia.

Lembrou que, de non estar correctamente diagnosticado, tratado e atendido, un alumno con TDAH “ten moitas posibilidades de fracasar no sistema educativo”. Sinalou que este trastorno afecta a entre o 5 e o 7 por cento da poboación escolar de ensino obrigatorio, malia que “só se diagnostican axeitadamente un 25 por cento do casos”.

Apuntou que a realidade é que en Europa pode estar afectado por TDAH un de cada 20 nenos e adolescentes, a pesares do cal “moi pouca xente afectada recibe o diagnóstico e apoio adecuados debido á falla de concienciación pública, á estigmatización que rodea este problema e á falla de estruturas para detectar e diagnosticar o TDAH de maneira precisa e adecuada no tempo”.

Abandono escolar

O portavoz socialista sinalou que o risco de baixo rendemento académico, con “altas posibilidades de fracaso escolar, xa que moitos deles deixarán os seus estudos antes do remate da educación secundaria” pode salvarse cunha adecuada atención. Sinalou así os casos particulares de dous alumnos concretos con TDAH, estudantes de 4º de ESO e 6º de Primaria, que están a superar a súa situación grazas ao empeño das súas familias.

Reclamoulle ao goberno galego “a atención que merece” esta proposta “coa finalidade de poder contar no futuro con moitos casos como os dos rapaces Miguel e Víctor e as súas nais Pilar e Mercedes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar