Solidariedade coas familias das vítimas do accidente de Angrois

Solidariedade coas familias das vítimas do accidente de Angrois

Solidariedade coas familias das vítimas do accidente de Angrois

O secretario xeral do PsdeG-PSOE, Pachi Vázquez, participou na concentración de autoridades e veciños convocada na Praza do Obradoiro en sinal de dor polo sinistro ferroviario de Angrois. Vázquez transmitiu a solidariedade dos socialistas galegos ás familias das vítimas e chamou a aclarar as incógnitas sobre este accidente.

O líder dos socialistas galegos amosou a “tristeza, dor, impotencia e solidariedade cunhas familias que teñen que estar desesperadas” logo do sinistro, e chamou a “coller folrzas para intentar axudar a esta xente”. Dixo que os socialistas galegos “estamos absolutamente implicados con estas familias e queremos tentar de mitigar a súa dor ata onde sexa posible”.

O responsable socialista transmintiu o agradecemento á solidariedade amosada pola cidadanía na resposta de apoio a este sinistro, e salientou o traballo dos profesionais sanitarios, así como das forzas e corpos de seguridade.

Xuntanza de traballo

Logo da concentración, o líder dos socialistas galegos presidiu unha xuntanza do gabinete de crise na sede socialista de Santiago de Compostela na que acordaron a mobilización máxima do partido para participar nas concentracións promovidas pola Fegamop nos concellos de Galicia mañá ás 12,00 h.

Os socialistas galegos convocaron este órgano por segunda vez, logo da xuntanza de urxencia de onte, logo de coñecerse o accidente, para manter un seguimento en tempo real do estado dos feridos e a evolución dos traballos relacionados co accidente, logo de que Pachi Vasquez visitara o lugar do haccidente.

Tamén coordinaron a visita do secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, que estará en Galicia na tarde de hoxe, e deron conta da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia que foi convocada para mañá venres, sunstituíndo ha prevista inicialmente, con motivo de emitir unha Declaración Institucional.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar