Os socialistas tildan de “insensata, inxusta, cambiante e trapalleira” a xestión dos libros de texto polo goberno de Feijóo

Os socialistas tildan de “insensata, inxusta, cambiante e trapalleira” a xestión dos libros de texto polo goberno de Feijóo

Os socialistas tildan de “insensata, inxusta, cambiante e trapalleira” a xestión dos libros de texto polo goberno de Feijóo

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, cualificou hoxe a xestión do goberno de Feijoó en relación cos libros de texto como “insensata, inxusta, cambiante e trapalleira”. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión sobre o sistema de “gratuidade solidaria” que “nin é gratuíto nin é solidario”.

Explicou que este modelo “aínda por enriba está a xerar, segundo recoñece a propia Xunta, posibles irregularidades ao enviar recentemente miles de cartas ás familias galegas receptoras da denominada “gratuidade solidaria”.

Docasar criticou que o goberno galego “quere rectificar sen que pareza que rectifican” para aplicar un modelo mais achegado ao modelo de préstamo de libros de texto implantado polo goberno socialista. A realidade, dixo, é que o goberno galego implanta unha “pantomima” do modelo socialista, evidenciando os “sorprendentes, por non dicir grotescos, tumbos que están a dar cos libros de texto”.

O parlamentario socialista engadiu que “agardamos non se compliquen aínda máis no futuro inmediato deixando tirada á edición do libro en galego cando se implanten no vindeiro curso os libros dixitais”.

Denunciou neste sentido que “dificilmente se pode ser mais tramposos no uso do vocabulario”, e lembroulle ao goberno galego que “teñen vostedes a obriga moral de evitar que nin un só estudante galego de ensino obrigatorio poida quedar sen libros de texto por falta de recursos económicos”. Lembrou que as familias “piden seriedade e rigor”, mentres o goberno galego opta pola “soberbia e a prepotencia”.

Advertiu que o último informe Pisa salientaba unha caída nos indicadores de equidade no sistema educativo de Galicia, cando “o acceso en equidade ao ensino obrigatorio é algo imprescindible e irrenunciable” para os socialistas. Exactamente no sentido contrario, dixo, ao que se dirixe o goberno galego recortando 400 millóns de euros nos orzamentos de educación nos últimos cinco exercicios orzamentarios.

Así o constatou ademais, lembrou, o Defensor del Pueblo, quen sentenciou que o sistema de préstamo implantado polo goberno socialista resultaba “mais xusto e mesmo mais eficiente economicamente que o actual sistema de gratuidade solidaria” que implantou Feijóo.

Dito informe sinala que mentres o modelo do presidente Touriño “custaba 80 millóns de euros, 72 para a Xunta e 8 para as familias en catro anos”, o modelo de Feijóo, polo contrario, e no mesmo período de tempo, supuxo un custe de 200 millóns de euros, 80 para a Xunta e 120 para as familias. Subliñou que o modelo socialista resultaba “mais xusto e equitativo, mais eficiente e favorecía mais ás familias”.

Díxolle ao goberno galego que “non se defende ás familias facéndolles pagar os libros cando non contan con medios, reducindo ou quitando bolsas de estudos, facendo reformas laborais que facilitan despedimentos masivos, salarios de miseria ou xornadas laborais de semi – escravitude, ou permitindo que os titulados con estudos superiores e os investigadores teñan que coller a maleta e emigrar pola falla de expectativas”.

Fraude

O deputado socialista advertiu ademais que “o que nos faltaba para completar o desaguisado sobre os libros de texto” foi a noticia coñecida recentemente de que o goberno galego “acusa de fraude a 3.585 familias galegas” ás que lles reclamaron contías recibidas “ao parecer indebidamente” en concepto de axudas para libros de texto.

Docasar deixou patente o malestar das familias que recibiron ditas cartas, e afeoulle ao goberno galego que teñan acusado ás familias de “mentir cando piden as axudas nos centros”.

En definitiva, reclamoulle á Consellería de Educación que “escoite mais ao profesorado, pois son absolutamente claves para mellorar o sistema educativo deste país, escoiten mais ao alumnado e ás familias, escoiten aos sindicatos do ensino e ao resto de forzas políticas representadas no Parlamento de Galicia”. Concluíu que “agardo que esta vez fagan as cousas ben e non xeren falsas expectativas que logo non poidan cumprir”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar