Os socialistas tildan de “falacia” a previsión de crecemento do Goberno galego”

Os socialistas tildan de “falacia” a previsión de crecemento do Goberno galego”

Os socialistas tildan de “falacia” a previsión de crecemento do Goberno galego”


A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou hoxe á Xunta de presentar “a falacia de que a economía galega vaise comportar mellor e manterá a taxa de desemprego constante”. Así o dixo no debate dunha iniciativa socialista na Comisión de Economía sobre o peor comportamento da economía galega con relación á española.

Caride cualificou de “paradoxal, por non dicir esperpéntico” que a Xunta prevea un crecemento superior a España en 2012, superándoa en 0,2 puntos. Lembrou que o propio informe de Facenda para a aprobación do teito de gasto apuntan que a economía española ten unha “vantaxe evidente sobre a economía galega” e engade que no momento do repunte económico “as potencialidades no conxunto nacional son maiores”.

Apuntou que a previsión do goberno galego sobre un mellor comportamento da economía e do emprego, son “contas cheas de contos” xa que “non hai un só indicador económico” que apunte nesta dirección. O mesmo informe da Xunta apunta que Galicia creceu mais que o Estado entre 2005 e 2009, manténdose dúas décimas por riba en 2010 por mor do Xacobeo, polo que en 2011 xa se atopa unha décima por debaixo.

Engadiu que mentres as previsións de desemprego da Xunta eran do 15 por cento en 2011 xa estamos no 16,6 e ademais Feijóo xa leva sumados 56.900 novos parados en dous anos.

Caride lembrou tamén que o Índice de Produción Industrial interanual a 31 de agosto en Galicia descende un 5,5 por cento mentres en España medra un 0,6, as afiliacións á Seguridade social descenden en Galicia un 2,4 por cento, o dobre do 1,1 de España, e o paro rexistrado medra un 5,7 por cento, mais que o 3,8 da media estatal.

A responsable socialista apuntou tamén que a confianza dos consumidores galegos baixou un 21,7 por cento, mentres a nivel de Estado descendeu un 17,8, as matriculacións de vehículos descenderon un 44,5 por cento, preto do dobre do 24,6 por cento que descenderon a nivel xeral, e as pernoctas diminuíron en Galicia un 11,4 por cento fronte a un crecemento do 8,6 no Estado.

Fronte a estes datos, advertiu, a Xunta se ten comprometido a cumprir o Plano Estratéxico de Galicia 2010 – 2014 a pesares de que nos Orzamentos presentados onte “faltan 3.518 millóns de euros de recursos. Ademais, lembrou que mentres prevían un desemprego do 15 por cento para 2011 “hoxe xa estamos no 16,6 por cento”.

Dixo que ante ausencia dun do dato ou Informe que avale as teses da xunta, os orzamentos de 2012 son un conto que pretende enmascarar a incapacidade de Feijoo e a constatación de que a política económica do Partido Popular, non reactiva a economía senón que a frea.

Plan de Estatística

A parlamentaria socialista interveu hoxe tamén no debate do informe da Ponencia sobre o Proxecto de Lei do Plan Galego de Estatística 2012-2016, na que reclamou que os datos do IGE diferencien a vivenda ocupada e baleira, así como a comparativa do prezo do combustible nas diversas gasoliñeiras galegas, o que foi rexeitado polo PP.

O PP tamén rexeitou coñecer as comisións bancarias impostas aos cidadáns galegos “para coñecer a existencia de prácticas abusivas” por parte das entidades, así como a situación do mercado financeiro, coñecendo a evolución dos créditos concedidos con relación ao conxunto do Estado. Tamén propuxo analizar a incidencia do fracaso escolar e a situación no entorno na escola pública, privada e concertada, o que tamén foi rexeitado polo PP.

No debate da Lei do Plan Galego de Estatística foron aceptadas 6 emenda socialistas (núms. 1, 5, 8 transaccionada, 10, 11 e 17).

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar