Os socialistas tildan de "amoral" a Feijóo por desmantelar a Lei da Dependencia deixando a 18.000 persoas sen axudas pese a ter prestacións recoñecidas

Os socialistas tildan de "amoral" a Feijóo por desmantelar a Lei da Dependencia deixando a 18.000 persoas sen axudas pese a ter prestacións recoñecidas

Os socialistas tildan de "amoral" a Feijóo por desmantelar a Lei da Dependencia deixando a 18.000 persoas sen axudas pese a ter prestacións recoñecidas

Carmen Gallego asegura que “minte cando di que está obrigado por Lei” e esíxelle compensar a baixada de axudas do Estado como fan Asturias e Andalucía.

Advirte que o presidente da Xunta “fuxe de reunirse coa xente que o está pasando mal ou sufrindo as súas políticas”.

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, cualificou de “amoral” ao presidente da Xunta por participar da estratexia do goberno central de desmantelar a Lei de Dependencia pola vía dos feitos. Así o dixo logo das declaracións feitas onte por Feijóo xustificando os recortes aos dependentes.

Acusou a Feijóo de “mentir tres veces” ao asegurar que é inevitable, que está obrigado por Lei, e que hai outras comunidades autónomas na mesma situación, e desmentiuno explicando o caso de Asturias, onde en canto o dereito é recoñecido “xa inician a prestación do mesmo”, mentres que en Galicia “Feijóo deixa no limbo a 18.000 persoas” coa axuda recoñecida pero sen percibir as prestacións. Andalucía, pola súa banda, “compensa con fondos propios o descenso das axudas do Estado”.

Carmen Gallego acusou ao presidente da Xunta de manterse “mais preocupado pola estética e pola cosmética que polos problemas reais da xente”. A responsable socialista explicou que o verdadeiro obxectivo do presidente galego é desmantelar o sistema de autonomía persoal, mais coñecido como prestacións de Dependencia, como novo paso para desmantelar o Estado do Benestar.

Así, o gasto público na dependencia en Galicia por persoa e ano é de 6.515 euros, por debaixo dos 6.979 da media estatal e moi por debaixo dos 8.057 das comunidades do norte. Ao mesmo tempo, o gasto público por habitante e ano rexistrado en Galicia quédase en 91,92 euros, a metade que comunidades como Cantabria e un 16 por cento menos que no resto do Estado.

A intención de Feijóo, dixo, queda manifesta ao constatar que o seu goberno é “pioneiro” na aplicación das 255 medidas de recorte do gasto público para “liquidar” o Estado do Benestar propostas polas comunidades autónomas e feitas públicas polo Ministerio de Facenda, pese a que ningún goberno autonómico as recoñece oficialmente.

Os socialistas galegos presentaron unha proposición non de Lei para demandarlle ao Goberno do Estado que impulse a constitución dun grupo de traballo con representantes dos grupos parlamentarios e das comunidades autónomas para acadar un amplo acordo que garanta a Lei da dependencia. Ademais, esixe que evite novas medidas de recorte sobre este dereito.

Evitar fotos

Carmen Gallego lamentou que o presidente da Xunta estea “especialmente preocupado” por “evitar fotografiarse coa xente que o está pasando mal ou que está sufrindo as súas políticas”. Advertiu que “non hai ningunha fotografía do presidente da Xunta ofrecendo unha resposta” a colectivos como a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, a Rede Galega contra Pobreza, os dependentes ou as vítimas de violencia machista.

Carmen Gallego desafiou ao goberno autonómico a demostrar a verdade sobre a recuperación económica que anuncian “recuperando o gasto social que descendeu un 20 por cento dende a toma de posesión de Feijóo”.

A realidade, explicou, é que co presidente da Xunta Galicia disparou a súa débeda por enriba de cifras históricas, deixou sen investir mais de 5.000 millóns de euros, reduciu o gasto social en oito puntos e aumentou a pobreza nun 20 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar