Os socialistas suxírenlle a Feijóo que cumpra coa "transparencia" e estude abrir unha comisión de investigación para aclarar as "irregularidades" no Hospital de Vigo

Os socialistas suxírenlle a Feijóo que cumpra coa "transparencia" e estude abrir unha comisión de investigación para aclarar as "irregularidades" no Hospital de Vigo

Os socialistas galegos presentan no Parlamento varias iniciativas para “tratar de aclarar as sospeitas e para calmar a crispación profesional e social creada ante as irregularidades detectadas na construción, e coa privatización e os recortes” do Novo Hospital Privado de Vigo. A voceira de Sanidade, Carmen Acuña, incluso suxire nunha das preguntas que o Goberno galego estude a posibilidade de abrir unha comisión de investigación “en aras a cumprir coa Lei de Transperencia e o código ético do señor Feijóo”. As iniciativas dos socialistas recollen as demandas que lles foron trasladadas pola Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública.

Nunha iniciativa na que censuran o proceso de privatización e de concesión da infraestrutura sanitaria ou a cesión do aparcadoiro de pago ás empresas privadas da UTE, os socialistas reflicten as queixas da Xunta de Persoal e os traballadores do centro, que “están denunciando serias deficiencias nos accesos, a calidade e o equipamento” do novo centro. Estas deficiencias deberían ser controladas pola empresa privada e unipersonal Efficientia Clinical Management, a quen lle paga a propia concesionaria do hospital que debería ser supervisada, e que só ten como personal a unha ex alta directiva da Sanidade Pública co PP que a creou o mesmo ano 2011 co capital social mínimo.

Ante esta situación, explica Acuña, os socialistas queren saber “cales son os motivos polos que a empresa pública Galaria traspasa a Oficina Técnica de Seguimento (OTS), o control da calidade e a supervisión do cumprimento do contrato de construción do novo hospital de Vigo, a unha empresa privada” e “en que criterios se baseou o Goberno galego para a selección da empresa Efficientia Clinical Management, aparentemente creada ad hoc por unha ex alta directiva da Sanidade Pública e sen máis persoal que a propia directiva”. Neste punto, é necesario explicar “que procedemento administrativo” utilizou Galaria para a contratación, “público ou negociado”, preguntan.

Asimesmo, os socialistas preguntarán “como é posible que a empresa supervisora sexa financiada pola propia UTE concesionaria, que é precisamente a empresa a supervisar”, e “quen asumirá as responsabilidades que se deriven do atraso da obra, dos déficits na calidade dos materiais, dos sobrecustos pola perda da eficiencia enerxética e dos outros problemas, sanitarios e non sanitarios, orixinados polos incumprimentos da empresa concesionaria do novo hospital de Vigo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar