Os socialistas sosteñen que “a crise do sector lácteo non se arranxa con atallos” e esixen á conselleira que diga “cal vai ser o prezo por litro que recibirán os gandeiros”

Os socialistas sosteñen que “a crise do sector lácteo non se arranxa con atallos” e esixen á conselleira que diga “cal vai ser o prezo por litro que recibirán os gandeiros”

Os socialistas sosteñen que “a crise do sector lácteo non se arranxa con atallos” e esixen á conselleira que diga “cal vai ser o prezo por litro que recibirán os gandeiros”

Pablo GarcíaOs socialistas galegos aseguran que “a crise do sector lácteo non se arranxa con atallos” e esixiron hoxe no Parlamento á conselleira Rosa Quintana que diga “cal vai ser o prezo por litro que recibirán os gandeiros e gandeiras cos novos acordos”.

En resposta a unha comparecencia no pleno da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, para falar da situación do sector lácteo, o portavoz de Medio Rural do PSdeG no Parlamento, Pablo García, afirmou que “vostede tería que ter dimitido hai tempo, se non minte, ignora cal é problema”.

“O sector non cre na Xunta, o que lle pido á conselleira e que diga que vai pasar coas industrias que non están nos acordos anunciados polo ministerio e que vai pasar cos gandeiros que venden o leite a esas industrias”, aseverou o socialista. García comezou a súa intervención “cun mensaxe de ánimo e solidariedade aos gandeiros e gandeiras que están ás portas das industrias, tras dous meses de mobilizacións e unha semana fóra de casa”.

“Os gandeiros galegos levan meses malvendendo o seu leite e agora tírano, a crise do sector lácteo é un problema case terminal e o presidente da Xunta segue sen comparecer, está hoxe asinando un convenio coa FAO que debe ser máis importante para Galicia”, asegurou García.

En opinión do deputado socialista, “levamos un ano falando deste tema; primeiro negaron o problema, despois enredaron e agora o que fan é buscar culpables e trasladar o problema á ministra Tejerina e Europa, pero de buscar solucións, nada de nada”.

“Vostedes o que queren é que rematen as mobilizacións, non arranxar o problema real”, engadiu. “Non podemos suplicarlle a Francia que nos axude cando eles son os principais beneficiados por esta situación, demandamos unha estratexia propia, un camiño a seguir para evitar a ruína absoluta do campo galego, fundamental para todos”, rematou García.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar