"Os socialistas somos a clave do cambio en Galicia"

"Os socialistas somos a clave do cambio en Galicia"

“Os socialistas somos a clave do cambio en Galicia”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou en Santiago que “os socialistas somos a clave do cambio en Galicia”. No acto da tradicional pegada de carteis para dar comezo á campaña electoral, Leiceaga afirmou que “o cambio en Galicia é imprescindible e é urxente, Galicia non pode resistir catro anos máis de parálise”. “O PSdeG é a forza motriz do cambio, é a clave para que se poda producir o cambio o 25 de setembro”, manifestou.

“Os socialistas sabemos que o cambio é imprescindible para mellorar a sanidade, para xerar emprego, para reindustrializar Galicia, para que as familias non cheguen asfixiadas a fin de mes e para xerar oportunidades e que os mozos non teñan que emigrar”, exclamou o candidato do PSdeG.

“E iso só será posible cun proxecto renovador na Xunta de Galicia que faga uso de toda a potencia do noso Estatuto, que nos devolva a exemplaridade pública fronte a mala xestión do Partido Popular. Que nos devolva a confianza en que a política é o medio para acadar o ben común e o benestar dos cidadáns. Que a política non é o instrumento para respostar a ambicións persoais. Que a política é a ferramenta dos cidadáns para acadar un mundo mellor e que a democracia é a ferramenta da liberdade”, engadiu.

Leiceaga aseverou na súa intervención que “temos un proxecto para a maioría social de Galicia, temos un proxecto integrador que ofrece respostas novas aos problemas da sociedade galega; un proxecto para Galicia para seu desenvolvemento social, económico e cultural”.

“Somos a mellor alternativa ás políticas da dereita: temos experiencia de goberno, compromiso con Galicia e un proxecto ilusionante, solvente e integrador”, dixo Leiceaga, que lembrou que “os galegos saben que se pode confiar no Partido Socialista porque nunca lles fallamos, o saben os miles de galegos que teñen un alcalde socialista. Xa gobernamos na Xunta e demostramos que somos capaces de dialogar e pactar para facer avanzar Galicia”. “Saben que sempre estivemos e estaremos na defensa dos dereitos dos traballadores e na protección e ampliación dos dereitos sociais”, apuntou.

“O meu único compromiso é Galicia e os galegos, liderar un proxecto político que poña a Galicia no lugar que se merece e que permita aos galegos traballar na súa terra e dispoñer de servizos públicos de calidade; a forza do cambio en Galicia é o PSdeG, o 25 de setembro temos a oportunidade de apostar por Galicia votando ao Partido Socialista”, rematou Leiceaga.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar