Comisión de Investigación sobre a resposta da Xunta ao incendio de Fandicosta

Comisión de Investigación sobre a resposta da Xunta ao incendio de Fandicosta

Comisión de Investigación sobre a resposta da Xunta ao incendio de Fandicosta

Abel Losada sinala que a descoordinación e a paralización dos bombeiros de Vigo durante unha hora “estivo a punto de converter un accidente nunha catástrofe”

  O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia rexistrou hoxe a solicitude de creación dunha Comisión de Investigación sobre a intervención da Axencia Galega de Emerxencias no lume rexistrado na factoría Fandicosta, en Domaio –Moaña-.

O deputado vigués Abel Losada sinalou que as “graves deficiencias” demostradas na actuación do Executivo e a descoordinación na intervención dos servizos de emerxencias estivo “a punto de converter un accidente nunha catástrofe de grandes dimensións”.

Os socialistas galegos Esixen coñecer por qué os medios de emerxencias do Goberno galego bloquearon ata en tres ocasións e durante unha hora a intervención dos bombeiros de Vigo ou Pontevedra mentres mobilizaban aos de Morrazo, Porriño e Ribadumia, totalmente insuficientes. Lembran que as lapas ameazaban dous depósitos de amoníaco de 5.000 litros cada un, dúas estacións de servizo e varias vivendas.

Losada sinala que o sistema creado polo goberno galego durante os últimos anos, xestionado por empresas privadas, se ten demostrado con “graves carencias”. Denuncia un “puro negocio” que supón a mobilización dos consorcios privados, permitindo que pasen a factura de gastos á compañía de seguros a costa de poñer en perigo á poboación e ás instalacións.

O Grupo Socialista reclama esta Comisión de Investigación para que o goberno galego responda das declaracións do propio presidente da Xunta, que sinalaba que o servizo coordinador de Emerxencias “ten que explicar” o funcionamento dos protocolos, que a Xunta analizaba as chamadas e os contactos daquel día e a “simpleza” de Feijóo afirmando que “quen mobiliza aos bombeiros son os bombeiros”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar