Os socialistas solicitan a suspensión da Lei de Emprego Público da Xunta por irregularidades na súa tramitación

Os socialistas solicitan a suspensión da Lei de Emprego Público da Xunta por irregularidades na súa tramitación

Os socialistas solicitan a suspensión da Lei de Emprego Público da Xunta por irregularidades na súa tramitación

O Grupo Socialista ven de solicitar a suspensión da Lei de Emprego Público de Feijóo por “eibas legais e irregularidades formais” na súa tramitación. O portavoz do Grupo e o responsable da Área Institucional, Abel Losada e José Manuel Lage, rexistraron hoxe un requerimento para que a Mesa e a Presidencia do Parlamento retiren o trámite da orde do día.

Losada amosou o “claro rexeitamento” do Grupo Socialista a esta norma que a Xunta quere presentar e aprobar dunha tacada na próxima sesión plenaria empregando o trámite de urxencia e lectura única. Dixo que esta é unha mostra clara do “rodillo parlamentario” co que están provocando unha “falla de respecto democrático” á institución ao impedir o debate de facto.

Tamén criticou o fondo da norma, que cualificou de “travestismo político” por canto agocha a intención de Feijóo de utilizar a crise e un “pretendido aforro” que agocha unha “agresión contra a calidade dos servizos públicos” e “abrir as portas ao sector privado”. Así o evidencia que rexeitaran a emenda socialista aos orzamentos reducindo 130 millóns de euros en gastos superfluos que non minorarían o servizo público.

Lembrou que o PP negouse no Parlamento a reducir o persoal de gabinete, os gastos de publicidade e propaganda, así como os gastos ordinarios e inmateriais, mentres mantén a cinco “comisarios políticos” nas delegacións territoriais.

Cortes franquistas

O portavoz da Área Institucional, José Manuel Lage, acusou a Feijóo de “equiparar o Parlamento de Galicia ás cortes franquistas” ao empregar a Cámara como “figura decorativa sen posibilidade de debate” destinada a sancionar as súas leis e “dar o si bwana sen modificar unha coma”. Lamentou que o “rodillo” do PP “pasa a Lei polos fuciños do Parlamento” e “impide o diálogo, o debate e o acordo”.

Lage explicou que o requerimento rexistrado hoxe evidencia o “incumprimento legal claro” na tramitación da Lei. Así, xa dende a xustificación da urxencia e o uso do trámite de lectura única vulnera a lexislación ao sinalar que se trata dunha norma de “reducida extensión”, e sinalou que “non vai polo peso, vai polas consecuencias” que ten unha norma que a realidade é que modifica 75 millóns de euros de orzamento.

Ademais pediu a suspensión da tramitación polo “fraude” cometido ao enviar ao Parlamento un texto diferente do analizado polo informe xurídico da propia Xunta, xa que “no Consello déronlle o cambiazo sen informalo”. Engadiu que o ditame carece do informe preceptivo do Consello Económico e Social, así como de memoria económica, malia que supoña un cambio sinalado nos orzamentos da Xunta.

O rosario de irregularidades deste proceso inclúe que o proxecto de Lei express remitido pola Xunta “fala en todo momento de recortes aos funcionarios pero omite deliberadamente recortes ao persoal directivo nomeado a dedo” e que tamén traballa para a administración.

Dobre moral

Lage criticou a “dobre vara de medir” e a “dobre moral” do presidente da Xunta que mentres recorta un 33 por cento os salarios dos funcionarios e anuncia que non cubrirá o 75 por cento das baixas do persoal sanitario, cun claro prexuízo ao servizo público.

Sinalou que Feijóo quere “tapar a súa incompetencia intentando botarlle a culpa e demonizar aos empregados públicos”. Criticou así que “carga os custes da crise sobre os funcionarios e o servizo público mentres mantén intactos os chiringuitos e os gastos prescindibles”.

O responsable socialista advertiu que mentres aforra en sanidade e educación mantén unha oficina do Igape en Miami que custa 11.000 dólares ao mes e permanece baleira logo de que concederan a acción exterior do ente á CEG por outros 11 millóns de euros entregados sen concurso público. Engadiu que, mentres tanto, manteñen un aparcamento particular que custa 600 euros cada mes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar