Solicitan a publicación de bens e patrimonios dos deputados autonómicos

Solicitan a publicación de bens e patrimonios dos deputados autonómicos

Solicitan a publicación de bens e patrimonios dos deputados autonómicos

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, remitiulle hoxe unha misiva á presidenta do Parlamento na que reclama a publicación dos patrimonios dos parlamentarios e parlamentarias autonómicos. O responsable socialista sinala que “a participación, a apertura e a transparencia” defendidos polo PP “demóstranse con feitos”.

Os socialistas solicitan así que a Presidencia da Cámara traslade canto antes o modelo de declaración de bens e rendas “para poder facer públicos estes datos o antes posible”. Losada explicou que os socialistas responden así á “necesidade imperiosa de recuperar a dignidade política” a través do que cualificou de “exercicio de transparencia e de hixiene democrática absolutamente recomendable”.

Losada salientou ademais a “obsesión” do Grupo Popular por “pisar” as propostas socialistas logo de constatar o rexistro dunha iniciativa socialista neste sentido minutos despois de que o Grupo Socialista rexistrara esta comunicación á presidenta do Parlamento.

O portavoz socialista anunciou tamén que os Grupo pedirá na Xunta de Portavoces que fixe a orde do día do primeiro Pleno da Lexislatura a inclusión das dúas iniciativas lexislativas populares que foron paralizadas na pasada Lexislatura. Neste sentido, lembrou a “especial relevancia” da iniciativa que defende a recuperación do programa Preescolar na Casa, por canto o contexto de crise demográfica actual.

Lembrou tamén a importancia de debater a Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, diante do ataque das políticas de Feijóo e Rajoy contra os servizos públicos.

Indecencia

Losada reclamoulle hoxe tamén á Xunta que manteña “como mínimo” a mesma preocupación para defender aos estafados coas preferentes que a que está a demostrar cos inversores de NGB que critican a suposta existencia de “morosidade oculta” na entidade.

Considerou “unha indecencia” que o goberno galego pida agora ao FROB que teña en conta esta situación cando “non escoitamos nada semellante por parte da Xunta para defender a obra social das caixas ou aos 43.000 galegos e galegas estafados coas participacións preferentes”. Considera que a diferenza na reacción da Xunta constata “o mundo ao revés” ao denotar “qué intereses defende a Xunta de Galicia”.

O responsable socialista salientou a necesidade de “moito mais compromiso cos estafados, xa que que na meirande parte son inversores particulares non profesionais, que cos inversores cualificados” que están a denunciar agora a súa situación.

Dixo ademais que a Xunta debe explicar si esta “suposta morosidade oculta que distorsionou a fusión” aparece recollida na “auditoría pantasma de KPMG” que a Xunta non quere enviar ao Parlamento e que xustificaba unha fusión que “vai custar 9.000 millóns de euros cando tiña un custe inicial de 1.000”.

Preguntou “qué mais ten que pasar para que o presidente da Xunta dea a cara” pola súa implicación no proceso de fusión que acabou coa entidade galega, logo de “facerse fotografías con Gayoso e Méndez, con Pego e García de Paredes despois, e finalmente con Castellano e González Bueno”.

Lamentou que a Xunta teña obviado o “rigor e transparencia” que reclamaban os socialistas cando anunciaban a chegada de inversores estranxeiros e “agora non hai inversores estranxeiros e aos propios os temos nunha situación dificultosa”.

Tax Lease

O portavoz do Grupo Socialista chamou á Xunta a cooperar cos estaleiros galegos para “facilitar e implicarse a fondo” na busca de clientes e ampliar a carteira de pedidos e de financiamento dos proxectos para o sector logo da aprobación do “tax-lease”, onte en Bruxelas.

O responsable socialista lembrou que esta medida “pode resultar positiva e dunha gran importancia para a recuperación dun sector estratéxico como é o naval”. Sinalou que a industria galega atópase nunha “situación dramática” logo de catro anos de desindustrialización e recortes pola xestión de Feijóo que provocaron a perda de 45.000 empregos industriais.

Reclamou que as “liortas” entre os ministerios de Facenda e de Industria do Goberno central “non dificulten as modificacións legais” necesarias para aplicar as bonificacións fiscais á construción de buques coñecidas como “tax lease”. Reclamoulles que “aparquen as liortas coñecidas por todos e se poñan canto antes coas modificacións necesarias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar