Os socialistas solicitan a comparecencia de Arias Cañete sobre o acordo con Mauritania

Os socialistas solicitan a comparecencia de Arias Cañete sobre o acordo con Mauritania

Os socialistas solicitan a comparecencia de Arias Cañete sobre o acordo con Mauritania

A secretaria de Pesca do PSdeG-PSOE, Marta Freire, ven de anunciar que o grupo socialista reclamou am comparecencia do ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, no Congreso e no Senado para explicar o acordo de pesca con Mauritania, que supón a desaparición de 400 postos de traballo e 24 buques da flota cefalopodeira galega.

 

Freire explicou que estas solicitudes de comparecencia foron impulsadas no Congreso pola deputada socialista Laura Seara e no senado polo senador socialista galego Miguel Fidalgo, quen solicitou a comparecencia do ministro responsable de Pesca e unha pregunta oral específica sobre os contidos do acordo acadado con Mauritania e as medidas de axuda previstas polo Goberno para os sectores e territorios afectados.

 

A responsable socialista sinalou que coas novas medidas “vense afectados un total de 24 barcos galegos cefalopodeiros de armadores de Marín, Vigo e Cangas que viñan faenando dende 2006” e que supoñen en torno a 400 postos de traballo directos en Galicia. Lembra que o sector ten solicitado o bloqueo do acordo que resulta “decepcionante e tecnicamente inviable”.

 

Freire salientou a súa fonda preocupación e descontento por un acordo que ten sido acordado pola Comisaria Damanaki con Mauritania “sen ter en conta a realidade económica, social, laboral e medioambiental” de Galicia.

 

Os socialistas galegos reclamaron a paralización deste acordo no próximo consello de Ministros de 24 e 25 de setembro e reclamou unha proposta alternativa “sen apriorismos e baseada en datos reais e non en concepcións alleas á realidade pesqueira”.

 

Freire salientou que o compromiso dos socialistas nestes asuntos recae nos responsables de pesca dos grupos socialistas no Congreso, no Senado e no Parlamento Europeo, os galegos Laura Seara –viceportavoz da Comisión de Pesca-, Miguel Fidalgo –portavoz no Senado- e o eurodeputado Antolín Sánchez Presedo.

 

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar