Os socialistas sitúan a cooperación e a solidariedade tras a liña vermella que non debe cruzarse polos recortes

Os socialistas sitúan a cooperación e a solidariedade tras a liña vermella que non debe cruzarse polos recortes

Os socialistas sitúan a cooperación e a solidariedade tras a liña vermella que non debe cruzarse polos recortes

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, ven de reforzar o compromiso dos socialistas coa Solidariedade e coa Cooperación e o Desenvolvemento, que, “para nós – dixo – non é un tema menor, senón unha das liñas vermellas que non se deben cruzar mentres dure esta ola de recortes”.

O senador socialista fixo estas declaracións na inauguración do Encontro Cal vai ser o teu papel?, organizado polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, e promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O número dous dos socialistas galegos quixo poñer en valor que “cando gobernamos prestámoslle atención a estas cousas”, en referencia ao motivo do encontro e “o facemos desde onde hai que facelo, que son os orzamentos”, enfatizou. Lembrou entón que cando os socialistas gobernaron a Xunta “dobramos o presuposto que había destinado a cooperación” e afirmou que, “desde que goberna Feijóo retrocedemos case 10 anos” no que se refire a estes fondos.

Diante do medio cento de responsables municipais que participan neste encontro o Secretario de Organización dos socialistas galegos salientou que “os concellos socialistas se diferencian en moitas cousas do concello do lado que estea gobernado polo PP e unha desas cousas é, e ten que seguir sendo, a súa implicación no traballo de cooperación”.

Pablo García rematou a súa intervención lamentando que xa se teña producido unha redución dos axentes de cooperación nos concellos e puxo a súa esperanza en que na vindeira convocatoria dun encontro semellante esta tendencia se teña invertido.

A Vicepresidenta do Fondo de Cooperación e Solidariedade e concelleira de Vigo, Isaura Abelairas agradeceu a participación dos representantes locais e das ongds neste encontro e, a o fío do discurso do Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, salientou que “é moi fácil recortar en Cooperación porque as tentacións son máis fortes”. Abelairas alertou sobre a desculpa “ de que agora temos problemas dentro” e quixo “darlle a volta” e, desde o Fondo de Cooperación e Solidariedade, impulsar o pensamento de que “o que investimos fora nos vai repercutir dentro.

Nun foro organizado polo Grupo dos Socialistas de Galicia, a concelleira de Vigo fixo referencia tamén a que “os socialistas coñecemos moi ben os problemas migratorios, das dificultades do arraigo” e salientou a necesidade de colaborar para que “estas persoas que están intentado sacar da situación de desamparo a moitas familias – en referencia aos proxectos de cooperación - o fagan no seu pobo, sen necesidade de saír”.

A parlamentaria socialista, Carmen Cajide, organizadora do Encontro, insistiu no valor que para os socialistas ten o traballo de cooperación cos mais desfavorecidos, polo que consideraron non só aceptar a proposta do Fondo, senón “traer o encontro á institución máis importante de Galicia, que é o Parlamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar