Os socialistas sinalan que os orzamentos da Xunta anticipan un “legado tétrico” das políticas de Feijóo

Os socialistas sinalan que os orzamentos da Xunta anticipan un “legado tétrico” das políticas de Feijóo

Os socialistas sinalan que os orzamentos da Xunta anticipan un “legado tétrico” das políticas de Feijóo

Méndez Romeu sinala que o goberno galego condena a Galicia a ser “un país en retroceso, empobrecido, no que ningún sector económico funciona e condenado a peores datos de crecemento”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, instou hoxe a Feijóo a “recoñecer que o seu legado comeza a ser tétrico”. Así o dixo logo do debate de orzamentos, nos que o PP aprobou unhas contas que condenan a Galicia a ser “un país en retroceso, empobrecido, no que ningún sector económico funciona e condenado a ter en 2014 peores datos de crecemento que en 2013”.

O responsable socialista advertiu que o goberno galego “fai o contrario” do necesario para superar a crise económica aplicando recortes nos servizos públicos, incrementos fiscais e unha caída drástica do investimento. O resultado, explicou, é o incremento da desigualdade, a caída dos salarios, o empobrecemento da clase media, o paro descontrolado e a exclusión de importantes bolsas sociais.

Méndez Romeu defendeu unha política anticíclica, baseada no crecemento, nos estímulos e nos incentivos empresariais, utilizando o orzamento e o investimento contra a situación de parálise e crecemento económico que permita o incremento do consumo e do emprego.

Advertiu que o goberno enceta “unha estratexia errónea baseada nun cadro macroeconómico irreal”, que condena a Galicia a ser “un país non competitivo” permanecendo “subordinada, con baixos salarios, baixa exportación e mínimo rendemento”.

Sinalou que “ningún sector ratifica que esteamos mellor que hai 5 anos” cunha “nova vaga de emigración, caída da natalidade, envellecemento, desindustrialización e empobrecemento”. Explicou que a venda acelerada de NGB representa esta política demostrando “falla de transparencia, perda de autonomía, renuncia a un poder económico propio e o previsible despedimento de traballadores”.

Emendas

Acusou ao PP de aprobar un orzamento “inxusto socialmente e ineficaz economicamente” no que ademais rexeitaron 63 das 64 emendas ao articulado presentadas polos socialistas galegos, e rexeitando a totalidade das 587 emendas ao estado de gastos.

Lamentou que entre estas rexeitaran as emendas do PSdeG dirixidas a impulsar a loita contra o desemprego, malia que foran votadas por separado. O PP rexeitou a elaboración dun Plan de Loita contra o Desemprego, dotado con 38 millóns de euros, así como un Plan de Emprego dotado con 22 millóns de euros, e destinar mais de 40 millóns de euros en plans de emprego específicos para mulleres, mozos e mozas e parados de longa duración.

Os socialistas advertiron tamén que o PP votou especificamente en contra das emendas en defensa dos servizos públicos, malia que os socialistas reclamaran tamén a súa votación por separado. Este é o caso das emendas que reclamaban a eliminación do copago de fármacos hospitalarios, a recuperación das bolsas Erasmus, a eliminación do copago nos comedores escolares e a recuperación da gratuidade dos libros de texto.

Hospitais e naval

Méndez Romeu lamentou o desleixo do goberno galego cara á mellora das dotacións dos hospitais públicos de Galicia, logo de votaran en contra da aprobación do Plan Director do Hospital de Ourense, a dotación dos servizos de Radioterapia e Menciña Nuclear no Hospital de Lugo e a recuperación do Hospital de Vigo para o sistema público, logo da súa privatización por parte do goberno de Feijóo.

A maioría do PP rexeitou tamén a emenda socialista dirixida a suprimir o incremento do canon de Sogama, e renunciaron a reintegrar o tributo do céntimo sanitario á totalidade dos profesionais do sector, así como á creación dun Plan Pive para o transporte galego. Tamén votaron en contra de cumprir co compromiso de Feijóo para a construción do dique flotante de Ferrol e os centros de reparación do naval nesta cidade e en Vigo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar