Os socialistas sinalan que o afán desmedido de Feijóo pola propaganda “conduce a unha nova decepción” ao coñecerse o novo aprazamento dos contratos de Pemex

Abel Losada reclámalle a Feijóo que “dea a cara” para a revitalización do naval galego e esixe que os investimentos estranxeiros “non sexan unha mera compra de tecnoloxía galega”

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe que o “afán desmedido de Feijóo pola propaganda” ten levado a milleiros de desempregados do naval a “unha nova decepción”. Así o dixo logo de coñecerse o novo aprazamento das adxudicacións dos buques de Pemex, a quinta dende que Feijóo anunciou o contrato.

O responsable socialista sinala que o presidente da Xunta “ten que dar a cara para acadar a revitalización do sector naval galego” e para “garantir que a entrada de investimentos estranxeiros non se limite á merca de tecnoloxía galega para levala a industrias foráneas.

Losada criticou un “proceso escurantista” coa contratación dos floteis, coa información “secuestrada” á oposición “durante meses”. Sinalou que “Feijóo en persoa intentou sacar rédito político utilizándoo como plataforma publicitaria” en plena época electoral”, para a continuación “poñerse de perfil e eludir toda responsabilidade en canto a situación parece torcerse”.

Puntualiza que este novo aprazamento introduce “un novo elemento de incertidume para un sector naval demolido” revelando un goberno “inánime, incapaz de buscar alternativas” para o conxunto de Galicia e os milleiros de parados de Vigo e Ferrol”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar