Os socialistas sinalan que "no modelo laico de educación pública non caben o ensino confesional nin no currículo nin no horario"

Os socialistas sinalan que "no modelo laico de educación pública non caben o ensino confesional nin no currículo nin no horario"

Os socialistas sinalan que "no modelo laico de educación pública non caben o ensino confesional nin no currículo nin no horario"

O deputado socialista por Pontevedra, Secretario Xeral Local do PSdeG de Pontevedra e vicevoceiro de educación no Congreso, Guillermo Meijón, acusou hoxe o Ministro de Educación nunha pregunta oral no Pleno do Congreso de "encirrar as cuestións relixiosa e lingüística para que así pase inadvertida a súa gran misión: desmantelar a escola pública".

"Nese proceso -sostivo Meijón- tratan de ocultar os valores da súa lei; unha lei que aspira a unha educación baixo o palio do Sr. Camiño; unha lei que non vai polo bo camiño aínda que conte co aval da mitra episcopal".

Sobre este punto, o vicevoceiro socialista sostivo que "os seus valores, señor Wert, son: discriminar o alumnado por cuestións de crenzas e conciencia, discriminar en función do sexo, discriminar en función da clase socioeconómica e discriminar en función da súa procedencia e das súas capacidades".

"Todo iso -reprochou- con cínicas e hipócritas chamadas ao consenso". Neste sentido, Meijón indicou que "un proxecto de lei, e máis se é de educación, debe ser o froito dun proceso de diálogo" do que "vostede e Rajoy decidiron prescindir". "Romperon vostedes unilateralmente o consenso sobre a cuestión relixiosa tan dificilmente logrado".

Así, sinalou que "os socialistas nos reafirmamos no noso modelo laico, un modelo laico onde non cabe o ensino confesional dentro do curriculum e do horario escolar". "O modelo laico garante a neutralidade, o pluralismo, os dereitos e liberdades e a participación de todos e todas; pero iso é algo que visións integristas e totalizadoras como as súas e as da xerarquía católica tratan de anular".

Do mesmo modo, Meijón recordoulle ao Ministro de Educación e á voceira do PP Sáenz de Santamaría o recoñecemento que durante os últimos anos España tivo por parte de Europa polos seus parámetros de equidade na educación, equiparables aos de países como Finlandia. "Lamentablemente este recoñecemento comezará a baixar co seu mandato" -afirmou.

"Vostede non busca a excelencia" -espetouno o deputado socialista a Wert. "Vostede busca a educación da súa excelencia cando a escola pública era a escola da beneficencia; iso si, pola graza de Deus".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar