Os socialistas sinalan que as contas da Consellería de territorio son “os orzamentos da resignación”

Os socialistas sinalan que as contas da Consellería de territorio son “os orzamentos da resignación”

Os socialistas sinalan que as contas da Consellería de territorio son “os orzamentos da resignación”

Sánchez Bugallo sinala que o pago da débeda reduce drasticamente o investimento na Consellería, co que “estes non son os orzamentos que nos van sacar da crise nin crear emprego”

Advirte que o goberno aumenta a factura de tratamento de residuos de Sogama nun 34 por cento “para conseguir 10 millóns de euros de beneficios”, tal e como sinalan os orzamentos

O portavoz de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, dixo hoxe que os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas “non son os que nos van sacar da crise nin a crear emprego, son os da resignación”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro na Comisión de Orzamentos do Parlamento para presentar as contas do próximo ano.

O responsable socialista explicou que o excesivo peso da débeda pública “repercute no investimento” encetado por este departamento. Así, dixo que o goberno de Feijóo aumentou a débeda a 2.071 millóns de euros no próximo ano, fronte aos 393 de 2009, e que absorben o 20,1 por cento do orzamento total da Xunta, o que equivale a “un de cada cinco euros do orzamento” que son detraídos do investimento produtivo.

Deste xeito, sinalou que as infraestruturas baixan de 280 millóns de euros a 263, ordenación do territorio baixa de 20 a 17 millóns de euros e o medio ambiente volve baixar un 13 por cento, nunha Consellería que deixou sen executar 127 millóns de euros o ano pasado. Sánchez Bugallo explicou que a única partida que aumenta, a correspondente a actividades económicas, “sube para cubrir a débeda das xestures”.

Neste sentido, dixo, mentres o solo industrial e o orzamento das xestures “aparentemente sube un 158 por cento, de 17 a 44 millóns de euros, a realidade é que 32 millóns son destinados a afrontar a débeda das xestures”. Estimou que a débeda real das xestures “debe roldar os 200 millóns de euros, aínda que é un segredo de Estado perfectamente gardado por que non queren dar a información solicitada repetidas veces”.

Mentres, o Instituto Galego de Vivenda e Solo continúa a caída do seu orzamento real, xa que mentres anuncian un incremento de 56 a 72 millóns de euros a realidade é que 32 millóns, como xa se dixo antes, corresponden ao pagamento dunha parte da débeda das xestures, e o investimento real quedaría en 25 millóns de euros -14 millóns para vivenda e 11 para solo industrial-, mentres en 2009 era de 211 millóns de euros.

Sogama

O deputado socialista alertou do “problema grave, serio e sorprendente” que supón a suba da tarifa de Sogama, que crecerá no próximo ano un 34 por cento “que van repercutir sobre os veciños” para acadar 10 millóns de euros de beneficios. Sinalou así que si nos orzamentos de 2013 as previsións eran 4 millóns de euros de perdas, para 2014 anuncian a suba da tarifa para acadar este obxectivo de beneficios.

Sánchez Bugallo dixo que esta suba “non está xustificada” pois incide sobre os veciños, que este ano terán que asumir tamén a suba do prezo da gasolina ou da luz por decisión dos gobernos do PP.

O responsable socialista advertiu que mentres o conselleiro anuncia a súa aposta polo medio ambiente, estas intencións “distan bastante do contido dos orzamentos”, xa que só destina o 0,95 por cento do orzamento ao saneamento das rías.

Ademais advertiu que continúan sen explicar “qué vai pasar con Elnosa” no momento en que remate a prórroga concedida pola Xunta ata o 7 de xaneiro, e alertou que “moito nos tememos que vai prorrogar a súa presenza na Ría de Pontevedra outros 75 anos, tal e como está a facer Ence.

Estradas e Plan Move

Xosé Sánchez Bugallo explicou que os orzamentos para o próximo ano certifican o incumprimento do Plan Move de mellora de infraestruturas presentado por Feijóo, que si ben prevía 700 millóns de euros de investimento para 2014, a realidade dos orzamentos é que se limita a 230 de acordo coas contas presentadas no Parlamento, malia que o conselleiro o teña aumentado a 300 na súa intervención.

Sinalou o adiamento das infraestruturas, como é a autovía da Costa da Morte, na que “prometeran 70 millóns de euros que non vemos por ningunha parte”, o desdobramento do Corredor do Morrazo, anunciando que encargarán o proxecto “igual que fixeron o ano pasado”, ou a estrada de Santa Comba, pasa dun investimento plurianual de 30 a 9 millóns, o que “non chega para unha nova estrada, como moito para mellorar a actual”.

O parlamentario socialista lamentou que a política de mobilidade “non é a protagonista destes orzamentos”, xa que malia que manteñen os plans de mobilidade, as contías previstas “non dan” para cubrir os compromisos. Deste xeito, sinalou a desaparición do metro lixeiro nas principais cidades galegas, cando “ninguén nos entrega os estudos que supostamente fixeron nin os responden ás preguntas parlamentarias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar