Os socialistas sinalan que a Xunta e o PP consideran a cultura “politicamente perigosa” e por iso é o departamento que máis recortaron dende 2008

Os socialistas sinalan que a Xunta e o PP consideran a cultura “politicamente perigosa” e por iso é o departamento que máis recortaron dende 2008

Os socialistas sinalan que a Xunta e o PP consideran a cultura “politicamente perigosa” e por iso é o departamento que máis recortaron dende 2008

Francisco Caamaño compara a Memoria de Actividade presentada polo secretario xeral de Cultura cos cómics de Conan, El Bárbaro, “unha boa historia de ficción moi ben maquetada”

Censura o escurantismo na xestión do Gaiás, que absorbe os orzamentos de cultura mentres o sector “padece o desleixo do goberno galego”

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, denunciou hoxe que a Xunta e o PP consideran a cultura como “politicamente perigosa”. Na comparecencia do secretario xeral de Cultura en Comisión parlamentaria, dixo que isto é o que explica que sexa o departamento da Xunta que mais recortaron dende 2008, un 56 por cento.

O responsable socialista dixo que ao PP “non lles gusta” a cultura, e por iso é o departamento “que mais cae e de maneira mais continuada” de todo o goberno galego en base a “unha decisión política”. Lamentou que teñan tomado esta vía precisamente contra “a nosa cultura, que e a que mais axuda necesita por cuestións estratéxicas” e lembrou que o goberno galego é responsable de protexer á cultura galega.

Lamentou que mentres reducen os orzamentos de cultura, si que teñan presuposto para elaborar unha Memoria “de autobombo” que comparou cos cómics de Conan El Bárbaro, xa que ámbalas dúas son “boas historias de ficción moi ben maquetadas”. Sinalou unha imaxe destes cómics escollida precisamente para ilustrar unha suposta biblioteca galega dentro da propia Memoria.

Sinalou que Cultura “non ten recursos a esgalla, pero si que ten recursos – Gaiás”, antes de censurar o escurantismo co que o goberno galego agocha as partidas orzamentarias que absorbe. Esixiu un “exercicio de transparencia” para que o goberno galego explique as contas dunha Fundación, que xestiona o complexo, que malia ser nominalmente privada “agocha que o 49 por cento do seu capital é público”.

Caamaño criticou que mentres o goberno galego dilapida os seus orzamentos no Gaiás, que cualificou de “chiringuito – pantalla”, o mundo cultural sufre a “ausencia de programación, o desleixo e o ir tirando, os apagalumes” cos que a Xunta demostra a súa falla de interese co sector.

Advertiu que “dende o mundo da edición, da produción musical, do teatro, o espectáculo ou a danza non hai recursos e cada vez hai menos portas ás que chamar”, cun goberno que da as costas a uns autores e creadores que “necesitan sentirse a lo menos respaldados na casa, pero están absolutamente esquecidos”.

Situación terrible

Ademais, advertiu da situación “terrible” do patrimonio galego, que está “entrando en tódalas listas vermellas”, cando “non é que esteamos conservando, é que estamos desconservando”. Aludiu así a que “a grande maioría dos Bens de Interese Cultural –BIC- de Galicia xa non existen porque os propietarios privados non cumpren coas súas obrigas e a Xunta carece de Inspección do Patrimonio”.

Criticou as liñas de actuación presentadas polo goberno galego, centradas na “continuidade”, e animouno ironicamente a “seguir así, a ver si ao final os cidadáns vanse decatando de como estamos realmente. Tamén criticou que presenten como novidade a “coordinación” co resto de entidades, xa que, dixo, “ía sendo hora de que o Agadir se entendera co resto, pero iso espérase, para iso están vostedes”, puntualizou.

Reclamou ademais un apoio real á industria cultural, e un diálogo real cos seus representantes “que só piden ser escoitados e ter unha programación continuada no tempo que lles permita programar os seus recursos e investimentos”. Finalmente, ironizou coa aposta da Xunta pola creación de “sinerxias” entre Cultura e Educación “cando están na mesma Consellería, ata polo corredor debe de haber sinerxias”.

Tamén ironizou coa aposta da Xunta polos clubes de lectura, e recomendoulles que “organicen lecturas en voz alta”, para aproveitar os poucos libros cos que contan as bibliotecas públicas. A situación real, dixo, é que as bibliotecas municipais fináncianse nun 68 por cento con fondos unicamente municipais, mentres a Xunta limítase a ofrecer o 26,5 por cento restante, o que impide novas adquisicións de libros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar