Méndez sinala que a política económica do PP provoca que o 1 por cento dos galegos “melloren notablemente” mentres a inmensa maioría empeora a súa situación económica

Méndez sinala que a política económica do PP provoca que o 1 por cento dos galegos “melloren notablemente” mentres a inmensa maioría empeora a súa situación económica

Méndez sinala que a política económica do PP provoca que o 1 por cento dos galegos “melloren notablemente” mentres a inmensa maioría empeora a súa situación económica

Méndez Romeu preguntará ao presidente da Xunta sobre a situación dos sectores económicos estratéxicos de Galicia

Os socialistas levarán ao próximo Pleno a “actitude claudicante” de Feijóo ante a supresión dos partidos xudiciais

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, sinalou hoxe que a política económica do PP, representada en Galicia por Feijóo, permitiu que o 1 por cento, 27.000 galegos e galegas, melloraran notablemente a súa situación económica aproveitando a crise. Mentres, dixo, a inmensa maioría dos galegos e das galegas viron cómo empeoraron as súas condicións.

O responsable socialista preguntaralle ao presidente da Xunta, na próxima sesión plenaria, sobre a situación dos sectores estratéxicos para a economía galega logo de cinco anos de goberno no PP. Sinalou que a consecuencia da política económica ultraliberal é a devaluación das rendas e salarios, o incremento da precariedade e os maiores niveis de paro da historia de Galicia.

Criticou que a Xunta “nin se molesta” en aplicar medidas para combater o desemprego e mentres mais da metade dos mozos e mozas están no paro, o goberno galego “presenta un plan de emprego para tan só 500 xóvenes”. Lamentou a conivencia do PP galego cunhas políticas económicas que “o único que garanten é que o 10 por cento da poboación mellore a súa situación mentres o 90 por cento empeora”.

Méndez Romeu anunciou que os socialistas levarán ao próximo Pleno a “actitude claudicante” do presidente da Xunta ante a supresión dos partidos xudiciais. O PSdeG interpelará ao goberno galego para que dea conta da súa “cerimonia da confusión” de Feijóo, que se presenta “gallardo” en Galicia pero asume a desaparición dos partidos xudiciais, que pasan de 45 a tan só un por cada capital de provincia.

O responsable socialista puntualizou que “ou non di a verdade ou a súa opinión é irrelevante” diante da decisión do goberno central de suprimir uns partidos xudiciais que, lembrou, foron unha conquista das políticas progresistas do século XIX para frear ao caciquismo.

Esta decisión prexudicará ás economías locais ao tempo que “afasta e encarece” o acceso á xustiza para disuadir do recurso á xustiza, segregar e facer desaparecer os servizos públicos”.

Herdanza do conselleiro Hernández

Méndez Romeu anunciou que o Pleno do Parlamento que comeza a próxima semana incluirá unha moción para dar conta da “herdanza do conselleiro Hernández”, que abandona a Consellería de Territorio logo de ser designado alcalde de Santiago deixando aos concellos galegos sumidos na “inseguridade xurídica” ao non ter sido quen de acadar un acordo de consenso sobre a futura Lei do Solo de Galicia.

Tamén preguntaranlle ao goberno galego sobre a confusión que está a provocar o goberno galego sobre o incremento das taxas para organizar as festas municipais, xa que logo de impoñer un aumento de 1.000 euros no custe das solicitudes, emiten unha circular administrativa negando a suba, co que “o único que conseguen é fomentar a arbitrariedade”.

Méndez Romeu lamentou que o PP teña rexeitado constituír unha Comisión de Estudo sobre as listas de espera sanitaria para rematar coa confusión deliberada coa que o goberno quere “complicar, diluír e embarullar” as consecuencias da súa xestión. O próximo Pleno incluirá ademais unha pregunta oral sobre a situación do Hospital de Vigo, “cada día mais cativo e mais caro”, logo de coñecerse a supresión dos laboratorios.

Criticou que o PP teña rexeitado a solicitude de comparecencia da conselleira de Sanidade para explicar “por que os menores galegos non poden ser vacinados” contra a varicela, unha vacina que foi eliminada do itinerario da sanidade pública e vén de ser prohibida nas farmacias de Galicia. Advertiu que esta decisión está a provocar a “peregrinación sanitaria de ducias de familias galegas a Portugal” na busca da súa dose.

O Pleno do Parlamento incluirá unha moción sobre o sistema de pensións galego, pedindo o retorno aos mecanismos acordados no Pacto de Toledo, e unha interpelación sobre a exclusión da industria editorial galega da concesión do libro dixital.

Incontinencia de Feijóo

O responsable socialista respondeulle hoxe a Feijóo, que onte falaba sobre unha suposta crise da esquerda, lembrando as súas declaracións, en xaneiro deste ano, nas que aseguraba que o PP está “na UCI, con respirador e case sen constantes”. Advertiu así da tendencia do presidente da Xunta a “falar con incontinencia” nas súas visitas a Madrid.

Acusou ademais ao presidente da Xunta de intentar “borrar o pluralismo” político de España e Galicia logo dos resultados das últimas eleccións europeas. Lembrou que o PP xestiona as regras democráticas “de xeito interesado”, como fixo en Castela A Mancha, aumentando e reducindo deputados en funcións dos seus intereses electorais, e como quere facer en Galicia reducindo o Parlamento.

A realidade, dixo, é que o PP impón os seus intereses para “reducir a democracia, xibarizala para deixala como un sistema puramente formal”, logo de que hoxe Feijóo apuntara un novo cambio na Lei Electoral para impedir gobernar ás minorías políticas impoñendo un sistema maioritario.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar