Os socialistas sinalan que a irrelevancia de Feijóo fronte ao Goberno central provoca “a submisión e claudicación na defensa dos intereses de Galicia”

Os socialistas sinalan que a irrelevancia de Feijóo fronte ao Goberno central provoca “a submisión e claudicación na defensa dos intereses de Galicia”

Os socialistas sinalan que a irrelevancia de Feijóo fronte ao Goberno central provoca “a submisión e claudicación na defensa dos intereses de Galicia”

Méndez Romeu censura a “claudicación acrítica e irreflexiva” do presidente galego fronte aos intereses das cinco grandes enerxéticas en contra do sector das renovables galegas

O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe que a “irrelevancia” demostrada por Feijóo fronte ao goberno central está repercutindo seriamente en contra dos galegos e das galegas. Acusou ao presidente galego de “submisión” e de liderar unha “claudicación acrítica e irreflexiva” na defensa dos intereses de Galicia.

O responsable socialista fixo referencia así á aprobación, no consello do Goberno do pasado venres do real decreto de primas para as renovables, que resulta “especialmente lesivo” para o sector galego en favor do lobby das cinco grandes enerxéticas estatais. Lamentou que o presidente galego asista como espectador a este proceso que torpedea a liña de flotación dun sector no que Galicia vén de ser punteira.

Advertiu que o presidente galego non amosa a mínima preocupación polas familias e a industria galega afectadas por unha política enerxética que está a paralizar o sector eólico, así como o sector da biomasa ou da xeotermia. Así, as familias galegas teñen que asumir uns prezos “desbocados” da enerxía a cambio de que o goberno central siga sen resolver o déficit de tarifa.

Neste sentido intervirán os socialistas galegos a través dunha proposición non de Lei con propostas para protexer aos consumidores de enerxía eléctrica fronte aos novos sistemas de tarifas.

Agustín Hernández

Criticou o desleixo demostrado polo do conselleiro de medio ambiente, territorio e infraestruturas fronte a un real decreto que incide directamente na conta de exploración de Sogama e que pon en cuestión a viabilidade financeira da empresa pública. O conselleiro comparecerá mañá para informar sobre a xestión dos residuos urbanos en Galicia.

Sinalou que Agustín Hernández representa a un goberno que inverte as prioridades da UE, e mentres as directivas comunitarias apostan pola redución, reutilización, reciclaxe, valoración enerxética e soterramento, a Xunta priorizar precisamente as dúas últimas. Galicia, lembrou, ten a reciclaxe nun mínimo dun 2 por cento e mantén a compostaxe en “cifras ridículas”.

Este mesmo conselleiro, dixo, terá que responder ademais a unha interpelación socialista sobre a súa actuación na aprobación de plans de ordenación municipal como o da Estrada, asinado en contra dos criterios da súa Consellería, o que levou a que o TSXG suspendera a súa aprobación polas múltiples irregularidades que recollía.

Santiago

O portavoz socialista acusou ademais ao presidente da Xunta de situarse “de perfil enganando á opinión pública” con relación á situación do concello de Santiago. Considerou esperpéntico que o alcalde diga que ten a lista do seu futuro goberno sen que a coñeza o presidente da Xunta, cando legalmente a entrada de concelleiros non electos ten que ser asinada polo partido político que preside Feijóo.

Méndez Romeu denunciou a “conivencia expresa entre Feijóo e o alcalde de Santiago para levar a cabo un golpe de man contra a estrutura democrática de Santiago” ao introducir precisamente concelleiros non electos cando a lista electoral do PP aínda conta con 10 membros, entre eles o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e número tres do partido.

Puntualizou que “vai ser Feijóo,en nome do PP, quen asine a proposta e ordene remitila á Xunta electoral, o resto é un engano aos cidadáns” xa que, engadiu, o alcalde “nin ten capacidade legal nin é crible” que poida impoñerlle a lista de membros do seu goberno ao seu presidente.

Méndez Romeu ironizou ademais co “lapsus lingüe” do portavoz do PP, Pedro Puy, quen esta mañá aseguraba que en Santiago “aplicarase a normalidade”, cando precisamente o seu partido está “obrigando a renunciar” ás persoas que formaban parte da lista electoral do PP ao concello de Santiago. Preguntoulle así si “considera que a situación de Santiago corresponde á (espazo) normalidade a situación de Santiago”.

Lembrou que a Lei que está aplicando o PP que permite a entrada de concelleiros non electos “está pensada para resolver os problemas das listas electorais no País Vasco fronte aos problemas provocados polo acoso do terrorismo fronte aos cargos electos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar