Os socialistas sinalan no Pleno a súa oposición á suba do canon de Sogama e consideran “insuficiente” a oferta de negociación da Xunta por retrasala a 2015

Os socialistas sinalan no Pleno a súa oposición á suba do canon de Sogama e consideran “insuficiente” a oferta de negociación da Xunta por retrasala a 2015

Os socialistas sinalan no Pleno a súa oposición á suba do canon de Sogama e consideran “insuficiente” a oferta de negociación da Xunta por retrasala a 2015

Patricia Vilán salienta que mentres o goberno ofrece adiar a suba a xullo o PP ten emendado os orzamentos para aplicala en marzo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, advertiulle hoxe ao goberno galego a oposición á suba do canon de Sogama incluíndo o aprazamento da suba proposta polo goberno galego. Así o dixo na sesión de control ao goberno galego que tivo hoxe lugar no Pleno do Parlamento, na que considerou “insuficiente” a oferta de negociación do goberno para 2015.

Vilán dixo que os representantes socialistas na Fegamp votarán en contra da proposta de aprazamento da suba, xa que supón igualmente un incremento da tarifa nun 34 por cento con respecto a 2013 para “obter uns beneficios antes de impostos de 10 millóns de euros” a costa dos concellos.

A responsable socialista preguntou hoxe que fará o PP coa súa emenda aos orzamentos de 2014, na que establece un prazo máximo de dous meses para aplicar a suba do canon, co que mentres o goberno anuncia o adiamento ata xullo, o seu partido o quere impor en marzo.

Criticou que este incremento “é basicamente produto da decisión política do goberno do PP de manter o modelo de xestión de residuos de Sogama, baseado na incineración e no vertedoiro. Sinalou que os alcaldes que contratan con Sogama pagan por un sistema de xestión de residuos que responda á xerarquía obrigatoria da UE, que sitúa prioriza a redución, reutilización e reciclaxe de residuos.

Confusión

A parlamentaria socialista acusou ao goberno galego de “lanzar globos sombra e gobernar a golpe de protestas, xa que “para rematar a confusión, o conselleiro de Medio Ambiente manifestaba que a Xunta está a traballar para ampliar a capacidade de tratamento de Sogama no mesmo emprazamento onde se atopa actualmente”. Lembrou a promesa de Feijóo dunha nova planta no Irixo, que esqueceron “grazas á presión social” en contra.

Mentres, o orzamento de Sogama para 2014 determina un incremento das toneladas a tratar cando o Plan de Viabilidade elaborado por PWC sinala que o nivel de toneladas diminuíu un 4 por cento.

Aínda así, apunta, o conselleiro manifestaba o venres pasado a súa disposición a falar cos concellos e coa oposición da mellor fórmula de tratamento de residuos que non poden ser “valorizados enerxeticamente” en Sogama, “pero o certo é que ata este momento non puidemos nin escoitar nin falar co conselleiro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar