Santín acusa á Xunta de “maquillar” a caída do gasto social nos orzamentos dende o 70,4 por cento en 2009 ao 62,3 por cento en 2014

Santín acusa á Xunta de “maquillar” a caída do gasto social nos orzamentos dende o 70,4 por cento en 2009 ao 62,3 por cento en 2014

Santín acusa á Xunta de “maquillar” a caída do gasto social nos orzamentos dende o 70,4 por cento en 2009 ao 62,3 por cento en 2014

Feijóo aumentou a débeda pública un 427 por cento dende a súa chegada á Xunta en 2009

Juan Carlos González Santín critica a “indefinición” da política fiscal, que reduce o IRPF pero aumenta os copagos e os impostos de hidrocarburos

O portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, acusou hoxe ao goberno galego de facer “maquillaxe nas contas” para o ano 2014. Na comparecencia da conselleira de Facenda para presentar os orzamentos da Xunta para o próximo ano, o responsable socialista advertiu que a Xunta infla artificialmente o gasto social.

González Santín advertiu que a Xunta exclúe a débeda pública do seu balance, polo que mentres anuncian que o 80 por cento dos orzamentos está destinado a gasto social, a realidade é que o gasto social pasou de 7.710 millóns de euros en 2009 -un 70,4 por cento- a 6.407 en 2014 -un 62,3 por cento-. Explicou que, lonxe de aumentar, como anuncia Feijóo, a realidade é que o gasto social reduciuse nun 11,5 por cento.

O responsable socialista criticou o aumento “alarmante” da débeda pública por parte do goberno de Feijóo nun 427 por cento dende 2009, pasando de 393 millóns de euros en 2009 -3,6 por cento- aos 2.071 de 2014 -20,1 por cento do orzamento-. Advertiu que un rapaz que naza este ano en Galicia terá unha débeda de 3.400 euros só da Xunta de Galicia.

Explicou que no caso de utilizar a débeda pública, debe ser como instrumento para obter recursos, pero o goberno de Feijóo “non a utiliza para incrementar os investimentos”, senón que destina o 80 por cento da débeda para pagar gasto social. Dixo que a débeda hoxe “supera claramente calquera outro orzamento agás a Consellería de Sanidade”, co que “miremos onde miremos reducen todo salvo o pago de intereses da débeda”.

O parlamentario socialista explicou que as dúas únicas vías para recortar a débeda son “ou recortar servizos públicos ou crecendo e aumentando a produtividade, e para iso o fundamental é crear emprego”. Por iso reclamoulle ao goberno galego que “modifique os orzamentos para centrarse no principal problema, o crecemento económico e a creación de emprego” para que Galicia poida medrar e afrontar o gasto público.

Indefinición
González Santín criticou ademais a “indefinición” na política fiscal do goberno galego, que “non sei si quere que o orzamento medre ou se reduza, non sabemos si quere unha política fiscal expansiva ou restritiva. Denunciou así unha mínima redución do IRPF en 7 euros mensuais no mellor dos casos para as rendas mais baixas mentres aplican novos impostos aos hidrocarburos ou copago de medicamentos e comedores escolares.

Sinalou que a Xunta recorreu unha sentenza do Tribunal económico administrativo sobre o imposto de transmisións patrimoniais e a recorre para cobrarlle aos parques eólicos o 4 por cento do imposto ao tempo que inclúen no orzamento unha dedución da cota do 92,5 por cento do mesmo. Igualmente, aplican copagos pero renuncian a 65 millóns de euros ao non esgotar o teito de gasto.

Lembrou que o orzamento do goberno galego esquece o previsible traspaso das políticas sociais ás comunidades autónomas, que suporían un gasto adicional de 300 millóns de euros. Ademais, advertiu do “papelón” da conselleira de Facenda “cando teña que negociar un aumento da participación de Galicia no Fondo de Compensación Interterritorial ao tempo que reduce os ingresos polo IRPF.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar