Os socialistas rexeitan que os gandeiros e agricultores teñan que contribuír ao fondo de compensación polos danos ocasionados pola fauna salvaxe

Os socialistas rexeitan que os gandeiros e agricultores teñan que contribuír ao fondo de compensación polos danos ocasionados pola fauna salvaxe

Os socialistas rexeitan que os gandeiros e agricultores teñan que contribuír ao fondo de compensación polos danos ocasionados pola fauna salvaxe

Pablo García reclama a implicación da Xunta e o restablecemento inmediato das axudas polos danos ocasionados

9221765053_e3b7f3f446_oO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, amosou hoxe o seu “mais absoluto rexeitamento” á proposta do PP de que os agricultores e gandeiros teñan que contribuír ao fondo de compensación por danos ocasionados pola fauna salvaxe, tal e como sinala a Lei de Caza de Galicia que se está a tramitar na Cámara autonómica.

Logo dunha intervención do PP na Comisión de Agricultura na que apuntou esta cuestión, o responsable socialista amosou a súa indignación polo feito de que, de acordo co texto da Xunta, aos agricultores e gandeiros “non só non se lle abonarán os danos ocasionados, senón que ademais terán que contribuír” porque, segundo dixo o PP, “tamén se benefician da súa existencia”.

García amosou o seu mais profundo desacordo con esta pretensión, e así o defenderá, anunciou, na tramitación do proxecto de Lei de Caza de Galicia. Ademais, dixo que “este é un dos principais problemas de moitas onas de Galicia, froito do abandono, da falla de xestión do territorio e tamén de que a Xunta ten totalmente descontrolada a proliferación de especies como o xabaril, que nun primeiro momento impulsou”.

Implicación da Xunta

Esixiu a implicación do goberno galego para poñerse á fronte da solución a este problema, que “non é un conflito entre os cazadores e os gandeiros, senón que os transcende con moito polos danos económicos que ocasiona”.

Pediu que se restablezan as axudas polos danos ocasionados, que se produzan sembras disuasorias, que se faga un seguimento das capturas, que se fagan desbroces e franxas controladas e, en definitiva, un plan do goberno galego para acadar o control efectivo da poboación desta especie”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar