Os socialistas rexeitan o teito de gasto da Xunta porque da “cobertura a recortes no estado do benestar”

Os socialistas rexeitan o teito de gasto da Xunta porque da “cobertura a recortes no estado do benestar”

Os socialistas rexeitan o teito de gasto da Xunta porque da “cobertura a recortes no estado do benestar”

O Grupo Socialista rexeitou hoxe o teito de gasto proposto pola Xunta porque, como explicou a portavoz de Facenda e Orzamentos, María José Caride, “da cobertura a recortes no Estado do Benestar”. Caride apoiou a estabilidade orzamentaria pero rexeitou que a Xunta a utilice para “recortes e privatizacións nos servizos públicos básicos, como ben sabe a comunidade educativa”.

Caride explicou que a estabilidade orzamentaria debe “reforzar e mellorar o Estado do Benestar” pero advertiu que “ninguén debe confundir a súa defensa coa defensa dun informe –que xustifica o límite de gasto- curioso, sorprendente e escaso, e que explica o límite de forma moi breve”. Dixo que o PP utiliza a estabilidade para “defender a perda de protagonismo do Estado e a política, deixando aos cidadáns ao vaivén dos mercados”.

Engadiu que o PP defendeu a estabilidade orzamentaria no Congreso para rexeitar logo “un tras outro os teitos de gasto propostos polo goberno socialista”. Criticou o silencio do PPdeG cando Montoro rexeitaba o teito de gasto do Estado que establecía 8.000 millóns de euros mais para as comunidades autónomas coa mesma estratexia de Génova que os pode levar a renunciar aos 80 millóns de euros de compensacións polo imposto do patrimonio que o PP rexeita.

Caride criticou que a Xunta sexa “incapaz” de levar adiante ningunha iniciativa para mellorar o PIB de Galicia e para superar a perda de converxencia coa economía nacional e facer dela de novo o “motor da economía nacional”.

Dixo que a única proposta feita pola Xunta foi a “chapuza” dos 243 millóns de euros que incluíron nos orzamentos do ano pasado sen estar garantidos, ou pedir 800 millóns ao Goberno para agora “cambiar de discurso e neste documento poñendo a venda antes da ferida por si Rajoy gaña e non só nos non aporta mais ingresos senón que nos quita os que nos corresponden”

Moción de censura

A responsable socialista advertiu que o informe que presentou a Xunta para xustificar o teito de gasto en realidade supón unha “moción de censura á política económica” do goberno galego, mentres ofrece un “respaldo total á política económica de Zapatero”.

Así, o informe sinala que “durante 2008 e 2009 a política fiscal xogou un papel clave para amortecer o impacto da recesión económica e soster a confianza dos axentes, tanto permitindo o funcionamento pleno dos estabilizadores automáticos como adoptando medidas discrecionais en liña coas recomendacións da Comisión Europea e de outros organismos internacionais”.

Dixo que estes datos sinalan o cambio de tendencia na economía galega dende a chegada do PP, rompendo coa tendencia crecente dos anos anteriores, no que superou a media estatal. Ademais do “efecto ridículo” do Xacobeo, dixo, a economía galega “vai peor, xera menos emprego e actividade económica, perde converxencia”, mentres o informe augura que no vindeiro ano Galicia medrará menos que a media nacional.

Todo isto, engadiu, mentres a Xunta permanece de brazos caídos diante do decrecemento alarmante do Índice de Produción Industrial –decreceu un 15 por cento, 3 veces mais que no resto do Estado-, co Igape “descabezado” e facendo un uso discrecional dos fondos de internacionalización e co investimento produtivo en caída libre.

Caride considerou unha mágoa que en lugar de presentar un programa de dinamización da economía e medidas de tipo fiscal para mellorar o reparto dos custes da crise, o goberno galego recorta dereitos e recursos aos galegos e galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar