Os socialistas rexeitan o proxecto para modificar a lei de bases de réxime local porque supón un ataque aos concellos e aos servizos públicos que prestan

Os socialistas rexeitan o proxecto para modificar a lei de bases de réxime local porque supón un ataque aos concellos e aos servizos públicos que prestan

Os socialistas rexeitan o proxecto para modificar a lei de bases de réxime local porque supón un ataque aos concellos e aos servizos públicos que prestan

O Secretario de Cidades e Política Municipal do PSOE, Gaspar Zarrías, anunciou o rexeitamento total do anteproxecto de reforma da Ley de Bases de Réxime Local que o Consello de Ministros ven de abordar na súa reunión de xa que “supón o maior ataque ao municipalismo e, por ende, aos cidadáns que reciben os servizos da administración máis cercana desde 1979”.

Zarrías engadiu que, a falta de coñecerse “a letra pequena” o Goberno está a propoñer un novo engano aos cidadáns. O responsable de Política Municipal socialista afirmou que non é certo que se vaian aforrar 7.129 millóns de euros, como hoxe anunciou o ministro de Facenda, “que onte eran 3.500 e mañá serán 15.000 porque o Sr. Montoro non ten problemas nunca para dicir cifras que non se corresponden coa realidade”.

Polo tanto, baixo ese “paraugas do aforro, que non ten ningún sostén desde o punto de vista técnico nin económico”, Gaspar Zarrías denuncia que o que se agocha é a privatización dos servizos públicos. “Comezaron en Madrid coa Sanidade e seguen noutras comunidades coa Educación, e agora toca aos concellos cos Servizos Públicos”, afirma o dirixente socialista.

A reforma da Ley de Bases de Réxime Local que pretende levar a cabo o Goberno de Rajoy “non é unha lei que sanee e racionalice, senón todo o contrario”. Segundo Gaspar Zarrías esta lei o que fai é “privatizar e desmantelar os servizos públicos dos concellos” que, nun momento de dificultade como o actual son “aquela administración de proximidade que axuda a aquelas persoas que se atopan en condicións de moitas dificultades”.

Rexeitou o “gran titular” de Montoro anunciando que 55.000 concelleiros de 68.000 non van cobrar. Zarrías adiantoulle ao ministro que, na actualidade o 85% dese total xa non cobra na actualidade. “Di que é un ministro moi viaxado, pero evidentemente non viaxa polo noso país”, engadiu. Explicou que os socialistas defenden que o concello non se pode empregar como plataforma de enriquecemento, pero “os socialistas queremos total transparencia, dignidade na tarefa pública e que todo mundo saiba que os que viven por e para os veciños cobren con dignidade e todo o mundo coñeza o que cobran”.

Para Gaspar Zarrías a alusión aos soldos non é máis cunha cortina de fuem para non abordar o verdadeiramente importante, que os concellos de menos de 20.000 haibtantes terán que cumprir unha serie de estándares a fixar polo ministerio de Facenda, que finalmente os enviarán ás deputacións provinciais. Estes organismos, recorda o socialista, prestarán este servizo de xeito directo ou indirecto, “e aquí está a trampa”, salienta Zarrías, pois isto permite a súa privatización.

A consecuencia da privatización é que, en lugar de significar máis eficiencia ou menos coste, será todo o contrario, pois as taxas que marquen as deputacións deberán recoller necesariamente a marxe de beneficios das empresas prestadoras do servizo.

A posta en marcha do proxecto de lei suporía, segundo o cálculo dos socialistas, a perda de 200.000 de empregos públicos. “Estamos falando dun paso atrás brutal” na prestación dos servizos que agora prestan os concellos aos cidadáns.

Zarrías fixo estas declaracións no marco dunha reunión con responsables municipais do PSdeG-PSOE en Santiago de Compostela.

O Secretario de Política Municipal dos socialistas galegos, Carlos Fernández, salientou que a modificación do Proxecto de Lei de Bases de Réxime Local por en alerta e eleva a preocupación de desaparición a 293 dos 315 concellos galegos.

Tamén criticou que o Goberno non tivera en conta as reclamacións do municipalismo para que as modificacións contasen coa beneplácito da FEMP e da FEGAMP, no relativo a Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar