Os socialistas rexeitan a Lei de Xuventude por "baleira de contido"

Os socialistas rexeitan a Lei de Xuventude por "baleira de contido"

Os socialistas rexeitan a Lei de Xuventude por "baleira de contido"

A deputada socialista, Silvia Fraga, pediu no nome do seu grupo a devolución do proxecto de lei de Xuventude, a debate hoxe no Pleno do Parlamento. Recriminou á conselleira de Benestar, Beatriz Mato, que non tiveran consultado á mocidade para decidir as políticas de Educación, de Vivenda ou de Emprego da Xunta de Galicia. Acusou aos populares de non crer na participación e, polo tanto na promoción e o fomento do asociacionismo xuvenil.

A parlamentaria socialista reprochou ao goberno Feijóo que tardara tres anos en traer este texto ao Parlamento. Silvia Fraga cualifica a lei coma un “texto absolutamente baleiro de contido”, xa que os seus 72 artigos “non aportan nada novo á actual regulación en materia de mocidade”.

A socialista replica á conselleira de Benestar que todo está practicamente no decreto 50/2000, que ven refundir a normativa en vigor, polo tanto a lei “é unha oportunidade perdida para dotar dun marco normativo necesario para a mocidade galega”.

Lamentan os socialistas que, logo da tardanza en presentar este texto constatan que os cambios e novidades se reducen a “cambiarlle o nome a algún órgano xa existente, como a Comisión Interdepartamental de Xuventude”. Critican tamén que o que pretende o Goberno galego é devaluar a representatividade da mocidade e privala da súa independencia.

Rexeitan os socialistas o modelo proposto para o Plan Estratéxico de Xuventude, “en cuxa aprobación non prevén ter en conta o pronunciamento deste Parlamento”, dixo Fraga.

A portavoz de Xuventude do Grupo Socialista describiu este plan como un “Totu revolutum” de declaracións de intencións, sen orzamento, sen prazos concretos e marcado pola indefinición e abstracción.

Fraga Santos recriminou á conselleira de Benestar que a pesares de ter posto en marcha o 95% das medidas contidas no Plan, “os resultados non os vemos por ningures”.

Critica aos populares que falen de transversalidade e integralidade das políticas de xuventude, “cando vostedes non souberon o que significaba ata que chegamos nós ao goberno da Xunta”.

Cualificou as políticas de Xuventude dos populares de “políticas de campamento”, e, ademais “xerarquizadas”, feitas de arriba a abaixo, dirixidas a unha mocidade que “para vostedes semella non ter arte nin parte no asunto”.

A mocidade, continúa Fraga Santos, asiste desesperada á pasividade do Goberno Feijóo, que lles “cambiou a súas condicións de vida, cando non as empeorou”, dixo.

Criticou a un Goberno que “está permitindo e contribuíndo unha vez máis a que Galicia se converta nunha billa que ten as tuberías rebentadas e da que se fugan mozos e mozas todos os días”.

HTTP://WWW.MORTGAGEREFINANCEE.COM/

Preguntou a deputada socialista polo apoio á Investigación Universitaria, “despois de todo o que lle levan recortado e ao que veñen recortarlle agora en España, un 25%”. Como consecuencia desta “drástica redución” se está a poñer en risco a carreira investigadora e se está a renunciar á rendibilidade dos seus avances.

AUSENCIA DO PLAN DE EMPREGO XUVENIL E RECORTES

A deputada socialista esixiu á conselleira Mato o Plan de Emprego Xuvenil, comprometido polo Goberno Feijóo desde 2009, e reprochoulle que “sigan meditando” a pesar de que en marzo de 2012 hai 56.002 mozas e mozos galegos en paro. A pesar de que, desde xaneiro de 2009 a xaneiro de 2012 se incrementou o paro xuvenil un 11.7%.

Citou Silvia Fraga o Plan Estratéxico de Mocidade para destacar que, desde a súa aprobación, hai 7.799 mozas e mozos parados máis.

En materia de vivenda, Fraga Santos salientou a supresión da RBE, a Renda Básica de Emancipación, “que deixa sen un definitivo apoio ao aluguer de vivenda de arredor de 20 mil mozos e mozas galegos”.

No relativo á Seguridade Vial, a deputada socialista recordou aos populares que son os “culpables” da supresión do Noitebús.

No ámbito da saúde, recordoulles a aprobación dunha “lei de sanción e recadación” en lugar dunha lei de “prevención” do consumo do alcol en menores de idade.

En materia de saúde sexual, recordoulle ao Goberno de Feijóo a supresión dos centros Quérote, e acusounos de poñer enriba da mesa que as mozas volvan precisar de receita para acceder á pílula do día despois.

En Educación, onte mesmo, cita a deputada socialista, o presidente Rajoy ven de anunciar “sen dar a cara”, que vai darlle outro “estacazo, xunto coa Sanidade de 10.000 millóns de euros”, recortes a sumar aos que sofren investigación e becas.

No que se refire ao Medio Rural, “falamos dunha redución do apoio á incorporación de novos activos ás explotacións de máis dun 50%.

En definitiva, en termos absolutos, Fraga Santos cifra nun 22,5% a redución no compromiso orzamentario coa mocidade galega por parte da Xunta.

Concluíu a deputada socialista afirmando que a mocidade galega precisa de leis “que realmente pretendan atallar os seus problemas” en lugar dun texto que se limita a cambiar algún nome de institucións e devaluar a participación xuvenil.    

Fraga Santos xustificou a emenda de devolución dos socialistas a esta lei porque sería dar “un cheque en branco” para continuar coas mesmas medidas aplicadas ata agora polos populares. A deputada socialista cita como exemplos que fan aos populares “pouco de fiar” a negativa de Conde Roa, alcalde de Santiago, a asumir responsabilidades, o incumprimento de Feijóo do contrato que tiña asinado con Galicia no 2009, ou a falta de palabra de Rajoy, que se comprometera a non recortar en Sanidade, Educación e Dependencia.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar