Os socialistas rexeitan a Lei de Participación da Comunidade Educativa por “grotesca e perversa” xa que é impositiva e nega a participación

Os socialistas rexeitan a Lei de Participación da Comunidade Educativa por “grotesca e perversa” xa que é impositiva e nega a participación

Os socialistas rexeitan a Lei de Participación da Comunidade Educativa por “grotesca e perversa” xa que é impositiva e nega a participación

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Guillermo Meijón, reclamou a retirada da Lei de Participación da Comunidade Educativa para elaborar un novo texto de consenso. Así o dixo no debate de toma en consideración deste texto da Xunta, que cualificou de “patético, grotesco e perverso” por “negar a imposición” e situarse “camiño da imposición”.

Meijón lamentou a “cruel paradoxa democrática” desta norma elaborada de costas ás recomendacións da Asesoría Xurídica da Xunta e da votación do Consello Escolar de Galicia, que rexeitou o texto por maioría. Dixo que a Xunta “laminou toda lóxica democrática” ao “implantar sen escoitar, impoñer sen convencer e presionar e someter á comunidade educativa”.

O responsable socialista criticou que esta norma “só trata de dar cobertura ás enquisas de Núñez Feijóo derivadas do Decreto do Galego”. Reclamou polo tanto a elaboración dun “documento cero” que sexa participativo e democrático e que conte coas aportacións do Consello Escolar de Galicia e do Observatorio Galego para a Convivencia e mesmo dos grupos parlamentarios a través dunha Comisión Parlamentaria.

O parlamentario socialista sinala que este texto impide a participación dos centros educativos galegos galardoados en materia de convivencia e os seus docentes –“auténticos expertos en resolución pacífica de conflitos”, terían que abandonar as súas experiencias.

Considerou un “exercicio de cinismo” que a Xunta queira aplicar supostas medidas de mellora da participación con “custe cero”. Amosouse neste sentido favorable a reforzar a autoridade docente “pero aportando recursos humanos e materiais que faciliten e optimicen o labor docente e melloren o clima de convivencia nas aulas”.

Reclamou así profesorado de apoio, ratios de alumnos axeitadas, suficiente profesorado especialista, plantillas optimizadas ás necesidades dos centros e mesmo unha plantilla de orientadores ben dimensionada.

Tamén reclamou protocolos de coordinación con outras administracións, o impulso á formación do profesorado en materias de convivencia, o potenciamento dos programas contra o absentismo e contra o fracaso escolar e unha liña de formación para nais e pais. Sinalou que estas propostas “non se fan a custe cero, e moito menos se, como vostedes, diminúen ano tras ano os orzamentos educativos”.

Asesoría xurídica

O parlamentario socialista criticou o texto presentado pola Xunta en base ás conclusións do informe da Asesoría Xurídica da Xunta que sinala que a Lei “recorta dereitos de participación expresamente recoñecidos na LOE” e meso que esquece dereitos e deberes para o alumnado directamente relacionados coa convivencia. Engadiu que o informe sinala que contempla inseguridades xurídicas e invade competencias doutras institucións”.

Ademais, este informe critica que o texto ignora o marco normativo legal vixente, crea problemas de interpretación e aplicación sobre a asistencia xurídica ao profesorado e dos seus dereitos e deberes, ademais de mudar de criterio entre centros públicos e centros sostidos con fondos públicos nos distintos apartados da Lei e emprega “termos indescifrables” e non distingue entre medidas de corrección, condutas contrarias á convivencia e medidas disciplinarias.

Meijón sinalou que a mesma Asesoría Xurídica da Xunta lémbralle ao conselleiro de Educación que é a Lei de Consellos Escolares de Galicia a que instrumenta a participación efectiva de tódolos sectores sociais afectados na programación do ensino non universitario, e que a participación das nais e pais na programación xeral da ensinanza canalízase a través do Consello Escolar de Galicia.

Este órgano reclama máis claridade no texto da Xunta sobre o fundamento da participación e “indica que en ningún caso se pode ir en detrimento das competencias dos órganos colexiados”, e apunta que o modelo de participación a través dos órganos colexiados ten carácter básico e “non fala de enquisas, si de novos órganos de participación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar