Os socialistas rexeitan a Lei de mellora da estrutura territorial agraria, “pretenciosa no seu nome, pero que non fala das persoas nin da solucións aos problemas”

Os socialistas rexeitan a Lei de mellora da estrutura territorial agraria, “pretenciosa no seu nome, pero que non fala das persoas nin da solucións aos problemas”

Os socialistas rexeitan a Lei de mellora da estrutura territorial agraria, “pretenciosa no seu nome, pero que non fala das persoas nin da solucións aos problemas”

Pablo GarcíaOs socialistas galegos amosaron hoxe no pleno do Parlamento o seu rexeitamento ao proxecto de Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia. “É un texto pretencioso no seu nome, pero que non aporta solucións nin fala da xente”, asegura o portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García.
Como xa fixera hai uns días no debate en comisión, García acusou ao goberno galego de provocar “frustración e decepción” co texto, a pesares de levar seis anos afirmando que este tema “era unha prioridade para a Xunta”. Os socialistas presentaron 25 emendas “a un proxecto de lei que non vale, o problema é que non serve, non as emendas que poidamos presentar, este texto circunscríbese á propiedade e ese é un concepto superado nos días de hoxe”.
O responsable socialista culpou a Feijóo de “non facer nada” para resolver o problema “da mobilidade de terras deste país”, para o que o novo texto apenas supón un parche inútil “para que poidan aparentar que fixeron algo”. Advertiu que o problema da propiedade das terras agrarias deriva dunha “planificación que non se fixo” e no que o novo texto apenas incide.
García lembrou que hoxe “toda Galicia está en proceso de concentración parcelaria pola política do Partido Popular de decretar concentracións en moitos casos sen interese agrario, senón máis ben urbanístico, e noutros porque tardaron tanto en facerse que cando chegaron xa non quedaba ningún agricultor sen contar cos recursos mínimos imprescindibles”.
O deputado socialista explicou que hai 1,6 millóns de titulares de fincas no medio rural, o que supón 1,5 hectáreas por propietario, e onde cada propietario supera as 7 parcelas de media. Isto fai a actuación sobre a propiedade “unha encomenda case imposible” e incidiu en que os propietarios moitos deles xa non viven nin teñen interese agrario.
Recomendoulle ao PP que siga co exemplo da Deputación de Lugo, onde baixo a xestión socialista con apenas 300.000 euros foron mobilizadas 800 hectáreas que “foron postas a disposición dos gandeiros e hoxe están producindo”. Reclamoulle copiar esta xestión e o modelo de autonomías como Asturias, Cantabria ou País Vasco, onde, partindo dunha situación semellante, conseguiron incrementar a superficie agraria útil.
Pablo García anunciou que unha vez publicada a nova lei traerá ao Parlamento tres exemplos concretos do que está. “Denunciaremos un caso concreto de plantacións de eucaliptos en terras agrarias, denunciaremos cinco exemplos de fincas de titularidade do banco de terras que en plena época de perigo de incendios está a xestas e a toxos, e traeremos o caso concreto de dous propietarios que queren facer unha permuta e desistiron do intento polas trabas e polos custos que ocasiona; eses son os problemas deste país neste eido para actuar, e así demostraremos que con esta nova lei non se da solución a ningún deles”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar