Os socialistas rexeitan a Lei de Garantías Sanitarias porque “atenta contra a base do sistema sanitario público

Os socialistas rexeitan a Lei de Garantías Sanitarias porque “atenta contra a base do sistema sanitario público

Os socialistas rexeitan a Lei de Garantías Sanitarias porque “atenta contra a base do sistema sanitario público

Carmen Acuña advirte que a norma decreta “garantías para os ricos mentres os pobres terán que esperar”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, dixo hoxe que a Lei de Garantías Sanitarias “atenta contra a base do sistema sanitario público”. Así o dixo no debate dunha norma que foi aprobada polo PP en solitario e co voto en contra do PSdeG, xa que decreta “garantías para os ricos mentres os pobres terán que esperar”.

A deputada socialista criticou esta “Lei trampa” concibida “para privatizar e debilitar mais o sistema sanitario público, repartindo os recursos escasos entre a sanidade pública e a privada. Dixo que “pon ao mesmo nivel ao sistema público de saúde e á sanidade concertada e privada”, e lembrou que “non define as garantías que establece nin a quen se van aplicar”, tal e como sinala o informe xurídico da Xunta.

Criticou que a norma supón un “cheque en branco” que deixa “todo pendente de desenvolver nun regulamento posterior”, ao tempo que faculta á titular da Consellería de Sanidade de determinar os tempos máximos de espera en función das circunstancias.

Dixo que a norma impón “a marca PP: Privatizadora e Perigosa para o sistema público” equiparando a sanidade pública e privada. Explicou que ao non ir acompañada dun incremento dos recursos humanos, materiais ou económicos, obriga a repartir os orzamentos públicos coa sanidade privada e concertada.

Ademais, engadiu, impón “diferenzas entre as persoas” en función dos seus recursos, xa que determina “garantías para os ricos, os pobres terán que esperar”, recortando dereitos e atentando contra a universalidade do sistema sanitario. Advertiu que a norma establece “persoas de primeira e de segunda” e determina a atención sanitaria en función de “criterios médicos e sociais” sen definir os criterios sociais.

Hospitais de segunda

Engadiu que a norma establece así mesmo hospitais “de primeira e de segunda”, diferenciando entre os grandes complexos de Vigo, Santiago e A Coruña, e os hospitais comarcais que terán “menos demanda e polo tanto menos orzamento, polo que acabarán esmorecendo”.

A parlamentaria socialista replicou ao portavoz do PP puntualizando que a norma “non é valente, é covarde, porque renuncia a solucionar a espera dentro do sistema sanitario público pasándollelo á privada”. Sen embargo, coincidiu en que “si que é a Lei mais importante da lexislatura, pero para a sanidade privada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar