OS SOCIALISTAS REXEITAN A LEI DE ECONOMÍA SOCIAL IMPULSADA POLO PP, “XA QUE LIBERALIZA OS SERVIZOS SOCIAIS E OS CONSIDERA UN NEGOCIO”

OS SOCIALISTAS REXEITAN A LEI DE ECONOMÍA SOCIAL IMPULSADA POLO PP, “XA QUE LIBERALIZA OS SERVIZOS SOCIAIS E OS CONSIDERA UN NEGOCIO”

OS SOCIALISTAS REXEITAN A LEI DE ECONOMÍA SOCIAL IMPULSADA POLO PP, “XA QUE LIBERALIZA OS SERVIZOS SOCIAIS E OS CONSIDERA UN NEGOCIO”

Os socialistas galegos mostraron hoxe no planeo do Parlamento a súa oposición á nova Lei de Economía Social impulsada polo Partido Popular, “xa que liberaliza os servizos sociais e os considera un negocio”.

No debate do ditame do proxecto de lei elaborado en comisión, a portavoz de Emprego do PSdeG, María Quintas, manifestou que “a Lei de Economía Social presentada polo goberno da Xunta non deseña os instrumentos imprescindibles para abordar medidas eficientes de promoción da economía social, nin aborda globalmente unha política de competitividade económica para Galicia”.

Para os socialistas, a Lei de Economía Social mostra “unha relevante ausencia de fondos, non contempla novas medidas de financiamento para as empresas e abunda en diversos enunciados sen contido real nin eficacia empresarial, non precisando medidas reais de actuación en ningún dos ámbitos que pretende regular a Lei”.

“O texto legal redúcese á regulación da creación dun Consello de Economía Social sen orzamento”, apuntou Quintas, que demandou que “a reforma da normativa de servizos sociais que se prevé no anteproxecto debería terse realizado logo dun debate coas entidades que participan no Consello Galego de Benestar, xa que afecta especialmente a entidades prestadoras deste tipo de servizos”.

“Mentres no Parlamento se tramita unha iniciativa lexislativa para regular o concerto social, o PP trata de introducir a través desta lei os mesmos procedementos de comprobación, inspección e verificación para a posta en marcha dos servizos sociais que os de un negocio calqueira”, engadiu.

Quintas lembrou que “as directivas comunitarias, as que se dí responder con esta lei, xa establecen diferenzas para o tratamento destes servizos, moito máis esixentes que para os demais negocios”. “O que o Partido Popular considera trabas burocráticas nos servizos sociais públicos tradúcese nesta lei nunha liberalización brutal dos servizos prestados polas entidades de carácter privado nesta materia”, aseverou.

“Parece que o PP quere con esta lei contentar aos que pretenden facer negocio á conta da discapacidade ou a dependencia das persoas, e con outra norma tratar de aplacar o cabreo das entidades do terceiro sector creando o Concerto Social”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar