Os socialistas rexeitan a Lei de Consumo porque “é inviable e escasamente operativa”

Os socialistas rexeitan a Lei de Consumo porque  “é inviable e escasamente operativa”

Os socialistas rexeitan a Lei de Consumo porque “é inviable e escasamente operativa”

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu hoxe no Pleno da Cámara para asegurar que a Lei de consumo de Feijoo non “introduce elementos de defensa dos consumidores fronte aos abusos”, como xa criticaron as propias asociacións. E anunciou o voto encontro do PSdeG a esta normativa.

Cualifica este texto como “inviable e escasamente operativo”. Sinala ademais que as leis que se aproban so teñen validez cando responden as demandas da sociedade “e neste caso non cumpren”, insistiu.

Dixo que nesta lei non se contemplan cuestións básicas “como a arbitraxe de consumo colectivo ou consumo electrónico, ou mesmo a creación de oficinas físicas de defensa dos consumidores sobre os servicios bancarios”. Lembra que o PP presenta 27 emendas, o que supón 25% de modificación do texto legal “recoñecendo así que o texto remitido polo Goberno de Feijoo non cumpría as expectativas, e entendemos que hoxe segue sen cumprirse”.

Denuncia ademais que o texto “non ten identidade, é escasamente novidosa, non regula cuestións reais”, e resumiu “é un remendo de disposicións normativas, pero sen elementos específicos sobre o ámbito do consumo nas relacións contractuais en Galicia”. Advirte tamén que mais do 40 % do texto proposto pola administración autonómica “ten réxime sancionador”.

Furia lexislativa de Feijoo

Juan Carlos Francisco Rivera afirma que esta normativa responde mais “a furia lexislativa de Núñez Feijoo, en vez de preocuparse en dar resposta ás necesidades dos consumidores de Galicia”.

Afirma que as emendas do PSdeG, para modificar esta normativa, están enc

amiñadas en evitar que os consumidores estean nunha situación de subordinación sobre os abusos na comercialización de produtos básicos, especialmente na comercializaron dos produtos básicos.

No que atinxe ao punto de vista financeiro, non conta coa necesaria cobertura orzamentaria para desenvolver diversos aspectos, tal e como o plan de incentivos ás asociacións de consumidores, ou para favorecer o fornecemento dos sistemas extraxudiciais de conflitos.

No que se refire a creación de órganos de xestión entre a administración autonómica e local cualifica estes anuncios “como un mero anuncio publicitario”, xa que a lei non te achegas financeiras.

Contratos de “adhesión”

Denuncia que esquece a incidencia nas relacións de consumo dos denominados contrato de “adhesión”, contratos onde se veñen impoñendo cláusulas abusivas, cando non leoninas ou claramente lesivas.

Sobre os “servizos básicos de interese xeral”, non existe ningunha referencia nova ao control sobre tales servizos, incluído o das operadoras de telecomunicacións, nin á creación de oficinas neste eido.

No que atinxe á comercialización dos produtos financeiros demanda unha maior transparencia nas cláusulas “de xeito entendible e coa posibilidade de coñecer os riscos que se asinan”. E no que se refire a adquisición da vivenda reclama coñecer as condicións básicas da mesma e os seus suministros.

Juan Carlos Francisco Rivera di que esta lei é incomprensiblemente xa que “non aborda as relacións de consumo a distancia, as relacións de consumo fora de establecementos comerciais ou as relacións de consumo a través de intermediarios; e tampouco se reflicten previsións específicas sobre as relacións de consumo que xéranse no ámbito da administración electrónica”.

Instituto Galego de Consumo

Denuncia que esta normativa non prevé o desenvolvemento lexislativo do Instituto Galego de Consumo e advirte que este ente vai ser eliminado, nin tampouco a potenciación da inspección mediante unha lei nova.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar