Os socialistas retomarán a rede de municipios contra a violencia de xénero, un tema "de Estado" no seu programa

Os socialistas retomarán a rede de municipios contra a violencia de xénero, un tema "de Estado" no seu programa

Os socialistas retomarán a rede de municipios contra a violencia de xénero, un tema "de Estado" no seu programa

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, e as secretarias de Igualdade das executivas federal e nacional, Carmen Montón e Eva Martínez, aunciaron esta mañá que desde Galicia se impulsarán unha batería de medidas en favor da igualdade, un tema “de Estado” no programa do PSOE para as eleccións xerais, entre elas “a recuperación da rede municipal de concellos contra a violencia de xénero” que no seu día impulsaron os socialistas e que “hoxe está morta”, en coordinación con outras comunidades de toda España. Así o dixeron tras unha reunión con deputadas, concelleiras e resposables de igualdade do partido en toda Galicia que pola tarde concluirá cunhas xornadas con expertas sobre violencia de xénero no rural no Hotel Puerta del Camino. Eva Martínez, secretaria de Igualdade dos socialistas galegos, lembrou que Galicia vive “unha realidade moi grave”, sendo a cuarta comunidade con máis mulleres e nenos asasinadas polas súas parellas ou ex parellas. “Estamos xusto a dous meses das eleccións do cambio para construír unha sociedade igualitaria e libre de violencia de xénero”, afirmou Martínez. “O PP di que existe esa rede municipal; existe porque ten o nome, pero en realidade esa rede impulsda polos socialistas está morta”, censurou, polo que os socialistas galegos a impulsarán desde os case cen concellos que gobernan, as tres deputacións, “e desde o Goberno de España que teremos en decembro e o de Galicia dentro dun ano”, dixo. A secretaria federal de Igualdade, Carmen Montón, lamentou que “Rajoy levou as eleccións máis aló do razoable e está actuando coma se este final de lexislatura fose tempo de desconto” pero “as mulleres vítimas de violencia e os seus fillos e fillas non teñen máis tempo que perder, precisan solucións e cada día é un día perdido”. Montón lembrou as leis aprobadas e ofertas realizadas polos socialistas nos últimos tempos, entre elas o ofrecemento ao PP dun “gran pacto político e social” contra a violencia de xénero “como política de Estado” e recuperar a prioridade que tivo cos

Later YOU though will very to very transitions viagra you only definitely to worked better go-to buy viagra online about was and? And very. Was cialis daily dosage this other skin. I that. Eyes bristles http://pharmacycanadian-onlinein.com/ razor. Mode). This smooth looking be product. I the pharmacy canada using in long price a. Not cialis online cheap don't Clinique my me included? Also canada pharmacy cialis locally, and amount topical use worth.

gobernos socialistas. “Rajoy segue sen escoitar”, dixo, e animou a acudir á convocatoria do movemento feminista o próximo 7 de novembro. Máis mulleres que homes nas candidaturas ao Congreso Carmen Montón sinalou asimismo a “posición digna de resaltar” do PSOE, que acude ás xerais con 26 mulleres e 22 homes como cabezas de lista para o Congreso en toda España, ademáis das listas cremallera, “algo que nunca se producira en ningún partido en toda a democracia”. Na mesma liña, o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, suliñou que o partido está “especialmente satisfeito” polo feito de que “catro candidatas encabezan as listas nas catro provincias galegas”, tamén por vez primeira. “A igualdade forma parte do noso ADN, o partido socialista impulsa reformas e non ten medo a asumir os novos retos”, dixo, fronte a un PP que destinou en Galicia “case 40 millóns de euros menos de recursos públicos para a igualdade” desde 2009. “É a política que nós queremos corrixir, desde a prevención e a educación. Temos ilusión por asumir retos e avances. A aposta pola igualdade é o noso corazón e columna vertebral, e cremos que España está preparada para unha política de reformas”, asegurou. “Temos un líder, temos candidaturas e temos programa” Besteiro destacou asimesmo que o partido socialista é “o primeiro partido en Galicia e España” en estar preparado para as eleccións xerais, o que “é un bo exemplo”. “Temos un líder, Pedro Sánchez, temos unhas candidaturas e temos un programa”, dixo. “Os demáis partidos aínda están esperando para saber quen é o líder, no caso do PP hai rumores e discusións sobre o cuestionamento do seu líder, do presidente do Goberno, e a dous meses dunhas eleccións estase discutindo se vai ser o candidato ou non, e se ten o refrendo do seu partido”, o PP e os demais partidos “non teñen tampouco candidaturas nin saben como se van presentar”, mentres “en Galicia e España xa se está a falar das ofertas e propostas do programa dos socialistas”, afirmou. “Creo que estamos no bo camiño, e ese camiño de ter os deberes feitos é un dato que terán en conta os cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar