Os socialistas requiren á ex conselleira de Facenda que compareza na Comisión de Investigación para dar conta da manipulación da auditoría sobre a fusión das caixas

Os socialistas requiren á ex conselleira de Facenda que compareza na Comisión de Investigación para dar conta da manipulación da auditoría sobre a fusión das caixas

Os socialistas requiren á ex conselleira de Facenda que compareza na Comisión de Investigación para dar conta da manipulación da auditoría sobre a fusión das caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle á Mesa da Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas que emita un requerimento formal para que a ex conselleira de Facenda durante o proceso, Marta Fernández Currás, compareza diante deste órgano, logo de que onte comunicara a súa intención de desoír a convocatoria.

O responsable socialista dixo que a actual secretaria de Estado de Facenda debe “explicar por qué esa falsa auditoría que non era tal, e que non avalaba directamente a fusión, foi manipulada por ela para promover unha fusión de parte, interesada, para salvar a unha das caixas e rematou acabando co sistema financeiro galego no seu conxunto”.

Losada subliñou que a ex conselleira está “obrigada en termos xurídicos” a atender a unha comparecencia que “en termos políticos resulta imprescindible” por canto é “a conselleira que liderou este proceso, que rematou en fracaso, cun interese político moi claro e definido”.

Así o dixo logo da comparecencia dos responsables da auditora KPMG, que contradixeron hoxe á ex conselleira e o presidente da Xunta, que no seu día afirmaran ter unha auditoría que avalaba o proceso, pero que en realidade resultou ser un “diagnóstico acelerado” que non amparaba a fusión.

Lamentou que malia que os responsables de KPMG teñan comparecido hoxe na Comisión de Investigación, este non sexa o caso da ex conselleira, e negou que o seu posto actual como secretaria de Estado de Orzamentos sexa contraditorio coa comparecencia.

Traballo á medida

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, salientou hoxe que KPMG fixo un “traballo á medida” da Xunta ao auditar a fusión das caixas galegas, e puntualizou que os responsables da entidade desmentiron hoxe ao goberno galego por canto “non concluíron que recomendaran a fusión” entre as dúas entidades galegas, en contra do afirmado por Feijóo e a daquela conselleira de Facenda.

González Santín puntualizou que o goberno galego “interpretou que vostedes propuñan esta fusión” cando a realidade é que plantexaban unha fusión “por absorción” de Caixa Galicia por parte de Caixanova. A realidade, dixo, foi que a auditora fixo un “informe de parte” encargado polo presidente e a conselleira de Facenda que levou a un “engano de 8.000 millóns de euros” do que foi finalmente un “negocio ruinoso”.

O parlamentario socialista dixo que, de acordo cos datos publicados no seu día, no dito informe “non acertaron unha” nun proceso de fusión que rematará cun burato de 9.000 millóns de euros e que “será a ruína de moitas xeracións de galegos e galegas”.

Dixo que a realidade foi que os despedimentos de persoal foron o dobre dos previstos, e que mentres anunciaba un custe de 1.190 millóns de euros e daría beneficios dende o primeiro ano convertéronse en 8.000 e na desaparición das entidades.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar