Os socialistas repróchanlle a Feijóo que non teña comparecido para falar de emprego "en 60 días de pleno" desta lexislatura

Os socialistas repróchanlle a Feijóo que non teña comparecido para falar de emprego "en 60 días de pleno" desta lexislatura

Os socialistas repróchanlle a Feijóo que non teña comparecido para falar de emprego "en 60 días de pleno" desta lexislatura

Méndez Romeu sinala que o goberno responderá a unha interpelación socialista sobre a situación do mercado laboral logo do novo veto do PP á comparecencia

Critica que a Xunta obriga a 20.000 familias a peregrinar a Portugal para adquirir unha vacina contra a varicela que prohibe en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reprochoulle hoxe ao presidente da Xunta que, logo de 60 días de Pleno do Parlamento no que levamos de lexislatura, non deña comparecido para falar das políticas de emprego. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día da próxima sesión plenaria, na que o PP volveu vetar a solicitude de comparecencia presentada polos socialistas galegos.

Méndez Romeu lembrou que os socialistas reclamaron a comparecencia do presidente da Xunta en todos e cada un dos plenos da última lexislatura, e todas elas foron vetadas pola maioría do PP. Considera incomprensible que Feijóo siga “mirando para outro lado” e saíndo a “facer bolos e falar dos problemas de outros” dando as costas ao principal problema que afecta aos galegos e galegas, como é o desemprego.

Os socialistas galegos levarán ao próximo Pleno do Parlamento unha interpelación para que o goberno galego dea conta do seu fracaso na aplicación de políticas de impulso da actividade económica e de creación de emprego. Dixo que a Xunta debe dar conta da situación do mercado laboral e explicar por qué Galicia está a acadar a cifra mais alta de desemprego da Enquisa de Poboación Activa.

Lembrou que o número de desempregados medrou en Galicia once veces mais que no conxunto de España dende que Feijóo chegou ao goberno galego, con 134.000 parados e paradas mais que en 2009, unha etapa na que se duplicou o número de fogares “nos que non entra un euro”, e que hoxe son o 10 por cento do total.

Varicela

Méndez Romeu censurou que a Xunta estea obrigando a 20.000 familias galegas a peregrinar a Portugal para conseguir unha vacina contra o virus da varicela, que foi prohibida en Galicia. Preguntou “cántos -casos como o de- Burgos ten que haber en Galicia” para que o goberno reaccione, en alusión á rapaza de tres anos que faleceu por complicacións nesta enfermidade logo de que lle negaran a vacina.

Así o dixo logo de constatar que o PP vetou hoxe a solicitude de comparecencia da conselleira de Sanidade para dar conta dos problemas coas vacinas na sanidade pública galega. Nesta mesma Xunta de Portavoces, dixo, o PP rexeitou a solicitude de creación dunha Comisión de Estudo das listas de espera en Galicia, para analizar a falla de transparencia nos datos que se fan públicos polo goberno galego.

Explicou que tanto os profesionais como os usuarios constatan día a día que a realidade das listas de espera non se compadece cos datos oficiais, logo de que o goberno “organizara un galimatías para enganar á cidadanía” ao introducir a modalidade de “prioridade 1” nas esperas sanitarias.

Por estes motivos, explicou, os socialistas galegos levarán ao próximo Pleno do Parlamento unha interpelación sobre a xestión da sanidade pública por parte do goberno galego e unha pregunta oral sobre as eivas na vacinación en Galicia.

O portavoz socialista considerou “pouco seria” a proposta de Feijóo de situar ao ex presidente Felipe González á cabeza dunha proposta que estude a viabilidade da sanidade. Méndez Romeu dixo que a iniciativa do presidente galego constitúe unha “cortiña de fume” ao utilizar a un González a quen “non hai tantos anos querían meter na cadea”.

Arias Cañete

Méndez Romeu tamén amosou hoxe a súa sorpresa pola “pasividade e silencio” amosada polas mulleres do PP logo das declaracións machistas do seu candidato ao Parlamento Europeo, Arias Cañete. Sinalou que a súa conduta será “obxecto de censura” no seo dunha UE que rexeita a “actitude paternalista e absolutamente discriminatoria” por parte do PP logo dunhas declaracións que o propio Feijóo “aparentemente comparte”.

Engadiu que esta postura é a que subxace na retirada da Lei da Interrupción Voluntaria do Embarazo por parte de Rajoy, substituíndoa por unha nova norma que impón a “tutela ás mulleres”. Logo de preguntarse si Arias Cañete é o mellor candidato do PP, engadiu “cómo serán os demais”.

En resposta ás preguntas sobre a situación do concello de Santiago, co seu equipo de goberno sendo xulgado por presunta prevaricación, criticou a “laxitude” amosada polo presidente da Xunta, que “evoluciona os seus principios éticos” fronte á corrupción a medida que avanza a situación procesual dos membros do seu partido.

Advertiu que a única medida tomada por Feijóo foi paralizar a Comisión de Estudo contra a Corrupción convocada no Parlamento “sen conclusións para que o goberno teña as mans libres” para non intervir fronte a casos como os dos concellos de Santiago, Porriño ou Trazo.

Engadiu que o propio conselleiro do Territorio aprobou a ordenación urbanística da Estrada para que a anulara o TSXG, mantén á secretaria de Urbanismo en situación procesual, e mentres o PP négase a chegar a ningún acordo sobre a futura Lei do Solo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar