Os socialistas reprochan a hipocrisía do PPdeG co sector avícola ao que ofrece apoio a través da TVG ao tempo que bloquea iniciativas para que a Xunta se implique nunha solución

Os socialistas reprochan a hipocrisía do PPdeG co sector avícola ao que ofrece apoio a través da TVG ao tempo que bloquea iniciativas para que a Xunta se implique nunha solución

Os socialistas reprochan a hipocrisía do PPdeG co sector avícola ao que ofrece apoio a través da TVG ao tempo que bloquea iniciativas para que a Xunta se implique nunha solución

O portavoz de Agricultura do GP Socialista, Pablo García, censura ós populares que ofrezan a través da TVG unha imaxe de apoio ao sector cando en realidade déixano á súa sorte, pendentes dunha negociación coa distribución perdida de antemán

Recrimina á Xunta de Feijóo non terse reunido co sector avícola, no que Galicia é a terceira comunidade produtora, con 722 granxas en réxime de integración

García afirma que os acordos non chegan por si sos e que o papel da política é precisamente promover estes achegamentos na procura dun acordo favorable a ambas partes

Os produtores de ave levan un ano vendendo por baixo dos custes de produción. A demanda de proteína barata serve ás distribuidoras e grandes superficies para usar os polos como produto reclamo ou para introducir no mercado ave producida noutros países

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, censurou aos populares por amosarse na TVG ofrecendo o apio ao sector avícola, mentres a Xunta leva, desde que goberna Feijóo, sen recibir aos produtores e ás industrias integradoras.

Os populares rexeitaron hoxe unha iniciativa socialista para que a Xunta convoque a todos os operadores do sector avícola (produtores, industria e distribución alimentaria), para acadar un compromiso que permita reequilibrar a cadea de valor e poñer en marcha os mecanismos precisos para impedir a utilización de carne de polo como produto reclamo.

A iniciativa tamén esixía a presentación diante do Consello Galego da Competencia e a Comisión Nacional da Competencia as reclamacións oportunas para impedir a vulneración da lexislación nesa materia. Por outra banda pretendía que a Xunta establecera os mecanismos de apoio ao sector de xeito inmediato para que, mentres non se normalice a situación, que xa leva un ano, non se peche ningunha explotación.

En relación ao desamparo que sofren os produtores pola entrada en concurso de acredores da integradora Louriña, a iniciativa contemplaba que, diante do peche dunha industria transformadora, elaborar un plan de común acordo coas empresas integradoras dos sector que operan en Galicia, de cara a que os produtores galegos poidan seguir traballando.

O deputado socialista censurou ao Goberno de Feijóo que non teña a máis mínima vontade pola defensa dun sector do que Galicia é a terceira produtora do país (722 granxas, o 15% do Estado), ocupa de xeito directo a máis de 900 persoas e xera 3000 postos indirectos. Pablo García salienta que se trata dun sector clave da nosa economía agroalimentaria en termos económicos e sociais, sobre todo en Ourense, onde COREN segue a ser un motor económico fundamental.

Reprochou á Xunta que, logo dun ano coas granxas obrigadas a vender por baixo dos custes de produción, non se teña reunido co sector a pesares da “situación agónica de moitas explotacións e do peche dunha empresa integradora”.

Recordou que o sector sostíñase con certa estabilidade mentres había un acordo con Mercadona, pero, unha vez rachado pola maior distribuidora, comezou a obriga de vender por baixo da produción e a empregarse o polo como reclamo nas grandes superficies. Ao mesmo tempo distribuidoras alemás,como Lidl, e francesas están a aproveitar para introducir os seu produto por baixo dos custes de produción recoñecidos polo ministerio e a consellería do ramo. A carne de ave, proteína de baixo de custe, soe ter un repunte de consumo en tempos de crise, o que deixa máis en evidencia a estratexia dos grandes distribuidores.

O parlamentario socialista reclama á Xunta que preste atención a este sector, ao que nin sequera recibiu. Salienta García a diferenza de dedicación respecto ás adegas, ás que lonxe de deixar á sorte dun acordo entre as partes, “subvenciona as viaxes para a exportación do viño”. Vencella este feito o socialista a que no sector vinícola, nomeadamente no das adegas, existe unha abondosa presenza de persoeiros do PPdeG.

De non querer recorrer aos mecanismos de arbitraxe da competencia, nin reunirse co sector e coas distribuidoras na procura dunha solución como podería ser a sinatura dun contrato homologado, o deputado do PSdeG suxire á “amortización da consellería” como xa está a facer a Administración de Feijóo con determinados postos de funcionarios. García recordou ao Goberno e aos populares que nunca se produce un acordo entre produtores e distribuidores por si mesmo, senón que corresponde á labor política, nomeadamente ao exercicio do Goberno, impulsar e favorecer ese entendemento, protexendo á parte máis feble.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar